Asignatura pendente para setembro

Inaugurouse a Preferente cun pleno de derrotas para os equipos da Costa da Morte, dúas delas a domicilio; a entidade dos rivais, e algún episodio de mala sorte, foron o desencadeante
O Sofán estivo a piques de 'pescar' no seu debut - Foto: SD Sofán Agrupación Estudiantil 2-1 Sofán
  • Campo: San Martiño
  • Agrupación Estudiantil: Jose, Jacobo (Peiteado m.46), Fon (Brais m.46), Peña (Kevin Lojo m.46), Pablo, García, Vidi, Brais Calvo, Alberto, Colón e Matelo.
  • Sofán: Dani Varela, Iván Rey, David (Seo m.88), Félix, Álex Varela, Fabián, Eibe, Brais, Luis, Rojo (Raul m.68) e Quintela
  • Árbitro: García Vázquez (Ferrol). Amonestou a Matelo, Brais e Colón do Estudiantil; Dani Varela, Quintela e Fabián do Sofán
  • Goles: 0-1 m.39 Félix; 1-1 m.68 Brais Rodríguez; 2-1 m.85 Matelo
Competiu, pero non chegou O histórico debut en Preferente do Sofán chegou cunha primeira hora de ledicia plena, e unha recta final na que se esfumou a opción de sorpresa que tanto se traballara anteriormente. O rival, o Estudiantil e a domicilio, non era o máis indicado para a machada. Os pontevedreses dominaron de saída, pero viron como un remate de Félix, contra o descanso, adiantaba aos carballeses. Botáronse arriba os locais na reanudación, e por ende chegaron uns espazos que a piques estiveron de aproveitar os de Josito, que pagaron a novatada. Dous balóns mortos e mal defendidos no área darían na remontada Estudiantil e deixarían unha lección desas de aprender para un debutante con boas táboas.   Soneira 0-3 Bertamiráns
  • Campo: Municipal
  • Soneira: Anxo, Brais Mouzo, Oscarín, Jota, Aarón, Mayor (Fuentes m.81), De la Sierra, Óscar de Maema (Darío m.61), Javi, Dani Casal e Basti
  • Bertamiráns: Borja, Saúl, Bruno, Jano, Borja Collar, Adan (Miguel m.88), Agustín (Diego Vidal m.69), Juan Castro, Uxío (Alvite m.84), Rial e Calderón (Iñigo m.75)
  • Árbitro: Montoto Taboada (Lugo). Amonestou a Aarón, Mayor e Dani Casal do Soneira; Iñigo do Bertamiráns
  • Goles: 0-1 m.40 Jano; 0-2 m.58 Adan; 0-3 m.86 Rial, de penalti
Asalto ao castelo Non comezou con bo pé a andaina do Soneira pola Preferente, a pesares de que o Municipal era o punto de partido. Un moi serio Bertamiráns sacou un resultado moito máis cruel do que os méritos dun e outro deberían ter deparado. As baixas de homes importantes coma Vía ou Richi, así como a falta de puntería nunha igualada primeira metade foron losas insalvables. Javi e Basti erraron ante o meta Borja no primeiro acto, e cando estaba a piques de chegar o intermedio Jano adiantou aos visitantes nunha falta lateral. Mesma receta na reanudación, con Adán marcando á saída dun córner e o Soneira tendo demasiado que remar. Xa no epílogo, un penalti foi convertido por Rial para pechar a conta santiaguesa.  

Polvorín 2-0 Xallas

  • Campo: O Ceao
  • Polvorín: Cacharrón, Asier, Rey, Óscar, Pedro, Luis Díaz, Duque (Dani Ren m.85), Josito, Cuadrado (Fraga m.42), Javi Rey (Yeray m.59) e Palas (Julio m.73)
  • Xallas: Julián, Rubio (Cristian m.59), Kevin Rajoy (Róber Pladur m.64), Martín Barreiro, Bryan, Fernando (Pablo Novo m.80), Marcos (Brais m.59), Jesús, Álex Blanco, Luisito e Kevin
  • Árbitro: Martínez Míguez (Ferrol). Amonestou a Pedro e Óscar do Polvorín; Álex Blanco, Kevin Rajoy e Kevin do Xallas
  • Goles: 1-0 m.19 Javi Rey; 2-0 m.25 Cuadrado
Un rival superior Poucas opcións tivo o Xallas de traer algo positivo da súa visita a Lugo, onde o filial do equipo de Segunda División presentábase coma un durísimo rival para o debut en liga. Un campo en extraordinarias condicións favoreceu notablemente as rápidas transicións dos locais, que aínda así levaron un susto ao pouco de comezar, cun balón ao pau de Jesús en execución de pelota parada. Dúas accións rápidas, a primeira de Javi Rey tras combinación con Cuadradado, e a segunda do propio interior en acción colectiva, serviron para que o Polvorín puxera terra de por medio. A segunda metade foi máis igualada, pero non houbo demasiada historia.  

Máis información