Axenda futboleira con Preferente e estreo dos Xuvenís

Este 31 de agosto e 1 de setembro temos nova cita co fútbol costeiro. Nunha fin de semana na que continúa a Preferente en marcha pero na que o protagonismo o levan os xuvenís, que estrean temporada. De novo, e non entendemos por que non se pon de acordo o fútbol costeiro, contamos con 2 grupos de 10 e 11 equipos, unha liga extremadamente corta, unha posterior liguilla de campións, que a verdade si que é interesante, pero que provoca unha copa bastante desanxelada. En todo caso, son moitas as incógnitas que se presentan. Con equipos renovados, moitos cambios nos bancos, os equipos comezana a temporada coa ilusión de subir á Liga Galega, unha posición que non temos dende o Cabana de hai 4 temporadas. Volverán ser os de sempre, Dumbría, XSC e Cee polo sur, e Cabana, Malpica, Baio e Ponteceso polo norte, os que máis posibilidades teñan de dar a campanada. Pero aínda queda moito e moito que analizar. Iso si, son varias as novidades, pois temos 10 equipos no Sur, coa aparición do Lira e a desaparición do Corcubión a última hora, cos calendarios xa feitos, polo que descansarán dous equipos en cada xornada, mentres que no Norte haberá 11 equipos, onde aparecen Castriz e Porteño e desaparece o Zas.

Preferente, xornada 2

Bergantiños 01/09 - 18:00 Chantada
Silva 01/09 - 17:00 Xallas StComba
Soneira 01/09 - 18:00 Ribadeo
Estudiantil 01/09 - 18:00 Dumbría

Xuvenil, Gr.3, xornada 1

Outes 5-1 Mazaricos
Lira 0-10 Dumbría
Esteirana 3-3 Xallas StComba
Cee 3-0 Muros
  • Descansa Fisterra e Soneira.

Xuvenil, Gr.4, xornada 1

Ponteceso 1-0 Baio
Castriz 0-2 Coristanco
Porteño 1-5 Laxe
Malpica 1-4 Corme
Muxía 2-5 Camariñas
  • Descansa Cabana.

O Album de cromos do #FutboldaCosta

Máis información

Artigos relacionados

Fonte

  • Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).