![Imaxe do Dumbria-Malpica xuvenil do ano pasado-Foto-Jorge Parri Imaxe do Dumbria-Malpica xuvenil do ano pasado-Foto-Jorge Parri]()
Este 31 de agosto e 1 de setembro temos nova cita co fútbol costeiro. Nunha fin de semana na que continúa a Preferente en marcha pero na que o protagonismo o levan os xuvenís, que estrean temporada.
De novo, e non entendemos por que non se pon de acordo o fútbol costeiro, contamos con 2 grupos de 10 e 11 equipos, unha liga extremadamente corta, unha posterior liguilla de campións, que a verdade si que é interesante, pero que provoca unha copa bastante desanxelada.
En todo caso, son moitas as incógnitas que se presentan. Con equipos renovados, moitos cambios nos bancos, os equipos comezana a temporada coa ilusión de subir á Liga Galega, unha posición que non temos dende o Cabana de hai 4 temporadas. Volverán ser os de sempre, Dumbría, XSC e Cee polo sur, e Cabana, Malpica, Baio e Ponteceso polo norte, os que máis posibilidades teñan de dar a campanada. Pero aínda queda moito e moito que analizar.
Iso si, son varias as novidades, pois temos 10 equipos no Sur, coa aparición do Lira e a desaparición do Corcubión a última hora, cos calendarios xa feitos, polo que descansarán dous equipos en cada xornada, mentres que no Norte haberá 11 equipos, onde aparecen Castriz e Porteño e desaparece o Zas.
Preferente, xornada 2
Bergantiños 01/09 - 18:00 Chantada |
Silva 01/09 - 17:00 Xallas StComba |
Soneira 01/09 - 18:00 Ribadeo |
Estudiantil 01/09 - 18:00 Dumbría |
Xuvenil, Gr.3, xornada 1
Outes 5-1 Mazaricos |
Lira 0-10 Dumbría |
Esteirana 3-3 Xallas StComba |
Cee 3-0 Muros |
- Descansa Fisterra e Soneira.
Xuvenil, Gr.4, xornada 1
Ponteceso 1-0 Baio |
Castriz 0-2 Coristanco |
Porteño 1-5 Laxe |
Malpica 1-4 Corme |
Muxía 2-5 Camariñas |
O Album de cromos do #FutboldaCosta
Máis información
Artigos relacionados
Fonte
- Redacción de QPC Deportes (deportes@quepasanacosta.gal).