Moitos partidos en sábado para esta primeira xornada do 2014. Unha xornada que, iso si, non será completa. Non terán xornada nin os da 3ª Autonómica, os Cadetes terán só as semis da Copa, e tampouco terán infantís, alevíns e benxamíns, que descansan para disfrutar dos reis, igual que os Veteranos ou os da Liga Intermunicipios de Bergantiños.
E precisamente o sábado xóganse varios dos choques máis interesantes deste comezo de 2014. Por exemplo, o derbi Malpica e Ponteceso da 1ª Autonómica, ou o derbi muradán entre Volantes e Muros da 2ª Autonómica. Pero derbi máis intenso, xa en domingo, será na Preferente, cun importante Soneira-Dumbría con moitos ex, e que definirá a liña do Soneira para esta segunda metade da temporada. Ademais, o XSC visita o sábado ao Viveiro.
Na Liga da Costa teremos ademais un Outes-Corme para a tarde do domingo que pode ser espectacular.
Haberá ligas nos Xuvenís, cun fermoso XSC-Dumbría no Norte e un bo Cabana-Baio no sur. E tamén xogarán os cadetes do Dumbría de División de Honra en Coruxo, e os infantís da Liga Galega, co Dumbría en Coruña ante o Ural e o XSC recibindo ao Foz.
E atentos estaremos tamén á Copa da Costa Cadete, que terá en liza as súas semifinais.