luns. 11.11.2024
El tiempo

O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa

O libro Mar de Paixón presentouse cos grandes mitos do Fútbol da Costa
Presentacion en Corcubion do libro Mar de Paixon-Foto-Fran Moledo

Que mellor maneira de presentalos en sociedade que cos grandes mitos do Fútbol da Costa. I é que precisamente o libro “Mar de Paixón. O fútbol na Costa da Morte” fala deso, da historia do deporte costeiro.

Esta pasada fin de semana o libro saía á luz tras varios anos de arduo traballo de documentación dos Luís E. Porto e Héctor Pose. Dende Malpica ata o último recuncho da bisbarra foron recadando anécdotas, datos, fotos... para sacar este libro que segue afondando no potencial do noso fútbol.

Presentacion en Corcubion do libro Mar de Paixon-Foto-Fran Moledo

Unhas 40 persoas se achegaron ata a Taberna O Ribeiro de Corcubión para escoitar aos Sieso, Manolín e Calabanda, tres mitos do fútbol da Costa no sur da bisbarra. Dirixidos por Fran Hermida, e con Porto e Pose na mesa, a sesión serviu para sacar moitas das anécdotas que xa forman este libro.

Sieso Manolin e Calabanda tres mitos do Futbol da Costa

En Carballo, na Libraría Brañas Verdes, Pose e Porto estiveron acompañados polos Ramón Piña, José Antonio Periscal, Fran Pallas, José Antonio Moreira, Óscar Suárez, Corredoira e José Antonio Cambón. Ademais, entre o público tamén había lendas activas da zona, noutra sesión de moita emoción e moitos parabéns.

Novas presentacións

Seguen sen parada os organizadores, e xa teñen previstos novos actos de presentación:

  • Sábado, 14-12-13, ás 18:30 horas, en CORME, no resturante "Miramar".
  • Sábado, 21-12-13, ás 19:00 horas, en MALPICA, no salón de actos do Concello.
  • Sábado, 28-12-13, ás 19:30 horas, en LAXE, no salón de actos do Concello.
  • Sábado, 28-12-13, ás 21:00 horas, en BUÑO, no restaurante "Casa Elías".

Puntos de venda

Polo de pronto, o libro está a venda nos seguintes puntos:

  • Libraría "Brañas" (Carballo)
  • Libraría "Roget" (Vimianzo)
  • CF Dumbría (Dumbría)
  • Kiosco "Rosalía" (Corcubión)
  • Muxía CF (Muxía)
  • Libraría "Milucho" (Buño)
  • "Video Club" (Malpica)
  • Libraría "Miguens" (Malpica)
  • Libraría "Nova Colón" (A Coruña)
  • Libraría "LER" (Santa Comba, Cee e Ponte do Porto)
  • Libraría "Estanco" (Caión)

Se algún establecimento está interesado en vendela pode contactar con Luís Porto.

Novas relacionadas

Artigos do Mar de Paixón

Fonte

Comentarios