Baile e movemento comeza abril con festexos
Tras un mes de marzo con entrenos, exámentes e competicións de taekwondo e baile deportivo, esta pasada fin de semana comezada o mes de abril da mesma maneira para o Club Arte e Movemento. O Baile e o takwondo, os protagonistas
Taekwondo
O sábado 2, desprazáronse a Cangas 9 deportistas para disputarse o Campeonato Galego Promesas de este ano 2011. Esta é unha competición de combate, onde xa entrar no pavillón impresiona, pola cantidade de tapices e árbitros, e polos medios empregados: petos electrónicos, protectores de pe electrónicos, pantallas para cada tapiz, etc,... como en calquer competición da FGT, pero a diferencia neste era o elevado número de participantes.
4 dos nosos rapaces acadaron medalla:
- Cristian Dominguez (Cee) acadou o 2º posto na Categoria Junior peso mosca.
- Anxo Fernandez (Carnota) 3º posto na categoria Cadete peso pesado.
- Juan Luis Lista (Muxía) 3º posto na Absoluta peso Pluma.
- Uxía Gonzalez (Vimianzo) 3º posto en Junior femenino peso Galo.
Ademais, igual de importante foi a actuación dos que non acadaron medalla: Adrian Saborido (Carnota), Marcos Rodriguez (Carnota), Cristian Lopez (Cee) e Juan Alvarellos (Cee).
Baile deportivo
No domingo 3, celebrouse en Forcarei unhas das competicións puntuables de baile deportivo en territorio galego, onde soamente presentamos a 2 parellas acadando o 2º posto cada unha de elas:
- Manuel Otero e Lucía Lavandeira 2º posto Senior I E latinos.
- Martín Otero e María Lavandeira 2º posto Youth F latinos.
O baile, deporte nacional
Ademais da competición, aproveitouse esta cita para celebrar entre todos os bailaríns galegos o recoñecemento do baile deportivo como deporte. AAsociación Baile Deportivo Galego (Badega), homenaxeou a diputada autonómica do PP Marisol Piñeiro Martínez, por lograr que a Secretaría Xeral para o Deporte recoñécese o baile de competición como deporte, tal e como publiou a Xunta no Diario Oficial de Galicia do pasado 15 de marzo.
Ata agora, en España só Valencia, Cataluña, Aragón e Baleares recoñecían o baile de competición como deporte. Agora, súmase Galicia. Así o vemos na imaxe na que vemos a Graciela Toba (vicepresidente de BADEGA), Marisol Piñeiro (homenaxeada) e presidente e vicepresidente de Badega.
Vindeira cita
A próxima cita para o baile deportivo en Galicia, será o próximo 17 de abril no Trofeo Cidade de Narón, onde Arte e Movemento acudirá con 66 competidores de Cee, Corcubión, Fisterra, Carnota, Muros, Santa Comba, Mazaricos, Zas e Vimianzo. Que temble Narón.
Novas relacionadas
- 3 pequenos taekwondistas da Costa clasifícanse para o Campionato Galego.
- Camariñas puxo o quimono.
- Doble éxito do taekwondo e do baile da Costa da Morte.
- 11 deportistas do Club Arte e Movemento clasifícanse para a Fase Autonómica de taekwondo.
- O Club Arte e Movemento comeza a nova temporada de baile, taekwondo e Kick-boxing .
- O Club Baile e Movemento comezou a campaña con máis trofeos que parellas.
- Exibición 2010: Máis de 1.500 persoas disfrutaron da beleza das artes marciais en Cee.
- A escola Arte e Movemento baila e pelexa.
Fonte
- Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.