Venres. 26.04.2024
El tiempo

11 deportistas do Club Arte e Movemento clasifícanse para a Fase Autonómica de taekwondo

11 deportistas do Club Arte e Movemento clasifícanse para a Fase Autonómica de taekwondo
Club Taekwondo Arte e Movemento, asistiu o pasado 6 de novembro a Porto do Son, para participar na fase provincial da Copa Xunta de Galicia de Técnica. Case 500 deportistas da provincia de A Coruña participaron nas probas. Foi un gran día para os deportistas da bisbarra, xa que 11 rapaces conseguiron o podio e con iso a súa clasificación para a Fase Autonómica.

Esta semana en Boiro

Esta fin de semana, os once deportistas enfrontaranse aos clasificados das outras provincias, en Boiro. Para algún dos nenos e nenas esta foi a súa primeira competición, e algún deles xa logrou clasificarse. Hai que reconocerlles que en grupos de 25 e 30 nenos, ten o seu mérito acadar un dos 3 primeiros postos. Os clasificados foron:
  • Zaira Dominguez (Cee), 2º posto A1 infantil mixto 6 anos.
  • Carmen Romero (Cee), 1º posto B1 infantil mixto 7 anos.
  • Yanire Alfonso (Cee), 2º posto B1 infantil mixto 8 anos.
  • Alex Lopez (Cee)  3º posto B2 infantil mixto 8 anos.
  • Andrea Pazos (Vimianzo)  3º posto C1 infantil mixto 10 anos.
  • Diego Martinez (Cee) 3º posto D2 infantil masculino 12 anos.
  • Jose Ramon Haz (Muxia) 1º posto E1 infantil masculino 13 anos.
  • Cristian Lopez Vieira (Cee), 1º posto E2 infantil masculino 14 anos.
  • Marcos Rodriguez (Carnota), 2º posto E2 infantil masculino 13 anos.
  • Cristian Dominguez (Cee), 1º posto E3 infantil masculino 14 anos.
  • Uxia Gonzalez (Vimianzo), 1º posto E3 infantil feminino 14 anos.

Vindeira cita

O Club Baile deportivo Arte e Movemento, tamén asistira esta fin de Semana o Trofeo Cidade De Pontevedra con 2 parellas.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Club Arte e Movemento, da man de Juan Carlos Díaz e Graciela Toba.

Comentarios