Balonmán: Marchas opostas

Levan Xiria e Camariñas liñas opostas na 1ª División.

O Calvo Xiria sumou unha vitoria para descontar unha xornada e manter as diferenzas con respecto aos seus perseguidores nesa segunda praza da táboa clasificatoria.

A complicada saída do Bm. Camariñas á pista do Chapela deixou boas sensacións pero non puntos no peto, antes de afrontar 4 partidos importantes con rivais directos nos que están obrigados a sacar puntos para pechar a permanencia. 

Mentres, na 2ª, visitaba Fene o Bm Xallas para enfrontarse ao Bm Pontedeume e tratar de dar a sorpresa ante un equipo necesitado de puntos para manterse na loita polo ascenso. Os xalleiros pagaron unha máis que dubidosa actuación arbitral cunha severa derrota.

1ª División Estatal Masculina, x.24

  • Resultado: Bm. Chapela - Bm. Camariñas (30-25)
  • Bm. Camariñas: Félix (p), Alan (3), Cristian Vigo (1), Damián, Fabio, Gonzalo (4), Cristian Canosa (6), Cristian Antelo (1), Fran Carril (2), Fabián Canosa (8).

Entrou mentalizado o cdro de Moncho Canosa, pensando que podían volver con algo positivo, e durante os primeiros 20 minutos estiveron espectaculares os camariñáns, chegando a ter un 6-11 a favor. A partir de aí reaccionou o Chapela e o cadro conserveiro deu un paso atrás en defensa para ir ao descanso 13-12.

Na segunda parte continuou a igualdade ata o 20-19, momento no que varios erros consecutivos propiciaron que os locais se marcharan de 4 e aguantaran a ventaxe ata o final. 

O vindeiro sábado reciben a A Cañiza en Ponte do Porto (18,30).

1ª División Estatal Masculina, x.24

  • Resultado: Calvo Xiria - Calmear Rasoeiro Bm (38-25)
  • Calvo Xiria: Iago Gómez (p), Antonio Mato (p), Carlos Vilanova (5), Gabriel Castiñeiras (2), Julián López, Brais Puñal (2), Fran Rey (2), Pablo Iglesias (7),Juan Carlos Rodríguez (4), Manuel Méndez (5), Jorge Bouzas (4), Alejandro Calvete (1), Sergio Facal Fariña, Chimpo (2), Miguel Suárez – Pumariega (4).

Tras un inicio titubeante, os bergantiñáns reaccionaron a tempo e aumentando a intensidade defensiva e facendo da velocidade ao contragolpe o seu mellor aliado, colocábanse cun incontestable 10-3 no minuto 15. Unhavantaxe que se mantería ata o descanso.

Pero volvía pecar de frialdade no comezo da segunda metade, e os visitantes intentaron achegarse ata outro novo arreón carballés que acabou por sentenciar o choque con velocidade de cruceiro.

No Calvo cómpre destacar a recuperación da súa lesión por parte de Gabriel Castiñeiras, e os 40 minutos do xuvenil Fran Rey.

 

2ª Autonómica, xornada 20

  • Resultado: Bm. Pontedeume - Bm. Xallas (26-13)
  • Bm. Xallas: Martin (p), Fran (p), Raul (2), Marcos, Alex (4), Gonzalo, Eloy (1), Samuel (1), Juan (1), David (2). Mario, Javier (1), Dani (1).

Salía o Xallas con defensa 6:0 cerrando ben para complicar ao máximo o ataque eumés, que non conseguía facer goles. Máis atascados saían os xalleiros en ataque, con moitas perdidas de balón que lles impedían poñerse por diante. A primeira metade rematou con poucos goles, e cunha actuación arbitral lamentable e totalmente caseira, feito que impedía que o Xallas collera rentas. Os de Barbeira recibían empurróns a destempo, agarróns polo pescozo, deslizamentos por dentro da área... facían de todo impunemente mentras cada golpe franco xalleiro era sancionado primeiro con amarela e logo con exclusións, chegando a xogar con 4 defensas por simples faltas.

Na segunda parte os xalleiros saíron xa un pouco desconectados e a dura defensa eumesa que tiña licenza para defender como quixera (ningunha exclusións en todo o encontro) deixou o casilleiro xalleiro a 0 durante 15 minutos, e solo 2 goles en 20 min, o que permitiu coller unha boa renta aos de Pontedeume con 11 goles de diferencia.

No minuto 20 o xogo acabou por suspenderse, logo de colmar a paciencia xalleira nuha xogada onde Dani Rial atacaba e era empuxado fortemente por un defensa que deixou mancado ao xogador xalleiro e que o arbitro sancionou con falta en ataque. Nese momento os xalleiros levantáronse do banco e protestaron, sendo respondidos polo banco local. O adestrador xalleiro encarouse ao arbitro e este decidiu suspender o partido e requerir presencia policial para finalizar o encontro.

Tan pronto se suspendeu o encontro os ánimos xa se relaxaron e os dous equipos mesturábanse na pista dialogando pacíficamente. Coa chegada da policia local reanudábase o partido, o colexiado mostraba a azul ao adestrador xalleiro e con wste na grada xogáronse os últimos 10 minutos buscando o final e con ritmo e ánimo de partido amistoso.

O proximo partido do Xallas será en Santa Comba o 24 de Marzo as 20:00, onde recibirán a visita do Carballal.

Máis información

Crónicas da tempada

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).