Balonmán: Quecendo para as primeiras finais
Dous partidos e proba antes dos choques de verdadeira importancia viviron os equipos costeiros.
En Estatal, volveu á senda da vitoria o Calvo Xiria en Poio ante un pechacancelas que aínda non estreou o taboleiro de puntos. Quedan así os carballeses empatados no máis alto da tábao co Bm. Chapela a falta de 11 xornadas. Ollo ca xornada que vén, pois recibe o sábado ás 18:00h no Vila de Noia ao At. Novás, 3º a só 2 puntos dos dous de distancia.
Xa na Liga Autonómica, o Camariñas caeu en Ribadavia nun complicado partido, e prepara xa a finalísima do vindeiro sábado ás 18:30h no Areal, on ten que gañar ao Rasoeiro por máis dun gol para manter as aspiracións de xogar a fase de ascenso.
1ª Estatal, xornada 19
- Resultado: Poio Artai - Calvo Xiria (22-34)
- CALVO XIRIA 34 (15+19): Martín Gómez [p], Iago Gómez [p], Alejandro Naya, [p], Alejandro Calvete (6), Brais Puñal (2), Manuel Méndez (3), Sergio Facal (4), Uxío Batán (4), Martín Alfeirán (2), Gonzalo Pombo (1), Ramón Suárez –Pumariega, Jorge Bouzas (6), Javier Rodríguez (5), Gabriel Castiñeiras (1).
Vitoria sen paliativos dos carballeses ante o pechacancelas nun choque sen historia que serve para preparar o fundamental partido da vindeira semana.
1ª Autonómica, xornada 14
- Resultado: Viña Costeira - Bm. Camariñas (27-24)
- Balonmán Camariñas: Bruno ℗, Fary (7), Eusebio (3), Checho (1), Damián, Fabio, Catalán (9), Xosé, Héctor, Fran, Antelo, Xabi (4) e Moncho.
Frouxo partido do Camariñas no difícil desprazamento a Ribadavia. Os do Ribeiro fixeron o seu partido centrando o seu xogo na figura de Celso, ao que o cadro costeiro non foi quen de parar, e fixo 12 goles, case a metade dos do seu equipo. Ademais, o Viña Costeira transformou todos os tiros de 7 metros, (7 de 7) mentres que o Camariñas só transformou 1 de 4. Malia todo non puideron asistir ao partido por problemas de saúde, Alan e Victor, aínda que xa puido debutar esta tempada Xabi recuperado da súa operación de ombreiro.
O vindeiro sábado 20 ás 18:30h, auténtica final no Areal de Camariñas, Conservas Boya recibe ao Rasoeiro, un partido decisivo para as aspiracións dos 2 equipos, o Camariñas ten de gañar por máis de 1 gol de diferenza para manter as aspiracións a xogar a fase de ascenso.
Máis información
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Masculina.
- Resultados e Clasificación 1ª Autonómica Feminina.
Novas relacionadas
- Cas opcións intactas.
- O Calvo Xiria mantense implacable.
- Balonmán: A primeira volta remata con podios.
- Balonmán: Xiria e Camariñas rematan o ano moi, moi arriba.
- Pleno de vitorias para o balonmán costeiro.
- Balonmán: 8 de 8 e unha polo cerco.
- Balonmán: O Calvo Xiria segue invicto.
- Líderes.
- Balonmán: Camariñas e Xiria seguen sumando vitorias.
- O Balonmán arrinca con vitorias en Camariñas e Carballo.
- Camariñas queda sen equipo feminino de balonmán esta tempada.
- O Bm. Camariñas renuncia ao ascenso para centrarse na base.
Fonte
- Bm. Camariñas e Calvo Xiria.