Basti e Alex Flores, Pichichis de inverno
Chegamos ao ecuador da temporada, e xa temos aos pichichis de inverno nas 2 principais ligas, esquecendo unha Preferente na que os nosos están aciagdos cara gol.
Facemos caso, coma sempre, das táboas de Luís Porto, que cada semana espera a nosa confirmación cando hai discrepancias entre as nosas crónicas e as actas arbitrais. Como non, a maioría das veces temos nós razón…
Escaseza na Preferente
Na Preferente hai pouco que contar pois os nosos equipos están entre os menos goleadores da Liga. O Dumbría é o peor nese apartado, con só 8 tantos en 19 xornadas… Mentres, o Xallas é o 3º, só por riba do pechacancelas O Val, con 17 goles a favor. Así, apenas aparecen, moi abaixo, os xalleiros Coria, Becerra, Kevin e Doro, con 3 tantos. No Dumbría, só Brais supera a barreira do gol, con 2 tantos.
Basti e Lucas á cabeza
Segue sendo Basti o máximo goleador, non só da Costa, se non da categoría. Os seus 14 goles superan en só un aos puntas do Cordeiro e do Unión, e só 2 a un Lucas que está destapando a súa faceta goleadora ante a falta de Alejo no 11 cormelán. David Sampedro está achegándose aos de arriba, igual que Vía Rápida, Juan Chans e o eterno pichichi sofanista Raúl.
Xogador | Equipo | Goles |
Basti | Soneira | 14 |
Lucas | Corme | 12 |
David Sampedro | Outes | 9 |
Vía Rápida | Soneira | 8 |
Raúl | Sofán | 8 |
Juan Chans | Corme | 8 |
Alejo | Corme | 7 |
Piki | Outes | 6 |
Charro | Malpica | 6 |
Duelo de ex compañeiros na Liga da Costa
As goleadas están sendo importantes nesta pelexa, e vemos como os máximos goleadores aproveitan os “minutos do lixo” para aumentar a súa conta. Así están os 2 de arriba, pelexando, con Álex Flores e David Blanco pelexando man a man. Os ex compañeiros no Zas demostran o seu potencial, co dianteiro uruguaio agora en Castriz. De preto os segue o amarelo Estéfano.
Xogador | Equipo | Goles |
Álex Flores | Castriz | 21 |
David | Blanco Zas | 20 |
Estéfano | Mazaricos | 18 |
Yuyo | Camariñas | 15 |
Róber Pladur | Esteirana | 14 |
Juni | San Lorenzo | 12 |
Yanki | Volantes | 12 |
Adrián Makaay | Fisterra | 12 |
Javi Suárez | Baíñas | 11 |
Alberto Recarey | Ponteceso | 10 |
Manuel Luís | Carnota | 9 |
Santi | Cabana | 9 |
Sande | Zas | 9 |
Fuentefría | San Lorenzo | 9 |
Chenel | Mazaricos | 8 |
Baíñas | 8 |
Empate na 3ª
As rotacións deixan ao actual pichichi da 3ª, ao corcubionés Iago Lema, por detrás de dous novos artilleiros da competición. Lema suma 9 goles, polos 11 de Geiko (Montelouro) e Enmanuel (Nantón). O cabanés colle o relevo ao mítico Luís Giancé.
A cousa está apretadísima porque o tamén corcubionés Roi (dumbriés ex do Malpica e do Cee) e Esteban, do Castrelo, suman 8 gole,s polos 7 do laxense Reigía e 6 do seu compañeiro Samuel Lema e do muradán Sergio.
Novas relacionadas
Pichichis do ano pasado
- Iago Lema e Nacho, pichichi e porteiro menos batido da 3ª.
- Alejo e Piti, os primeiros pichichis do curso.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Redacción de QPC (info∫@quepasanacosta.com).