Benvida de novo, UD
15 de maio de 2016 (22:26 h.)
Nunha xornada marcada polo retorno da Copa, o histórico Corcubión acadou nun final agónico o ascenso á Liga da Costa; o Xallas cada vez é máis de Preferente e o Sofán terá que agardar
O Corcubión volve á Liga da Costa-Foto-Eva
O fútbol da Costa recupera para a súa liga 'franquicia' á Unión Deportiva Corcubión, despois dunha interminable eliminatoria fronte ao Muxía. Da xustiza ou crueldade do desenlace, en penaltis, depende a subxectividade e o lugar de orixe do análise, pero o que parece claro é que confluiron o momento físico dun e o crecente estado de gracia dos da Vila da Barca, aínda que a normalidade da tempada regular deulle finalmente a razón á UD. O reto agora será asentar a categoría e abandoar esa recente tradición de equipo ascensor. Potencial e clase ten para confiar nelo.
Foi tamén a fin de semana do retorno da Copa da Costa, esta vez sen case interferir en intereses maiores na maioría dos casos. Precisamente, o Corcubión pareceu pagar os fastos do día anterior e caeu sorpresivamente ante o Seaia, definitivamente en idilio coa Copa na súa curta historia. O barco da SD Fisterra, esta vez en viaxe de pracer, segue a manter un ritmo incorruptible e pasou por enriba dun Sofán marcado polo esforzo da promoción de ascenso. Os verdes seguen coa palabra doblete marcada a lume nunha pel que empeza a poñerselle de galiña aos seus. O resto da xornada estivo marcada pola normalidade do triunfo do Soneira e a solvencia do Zas, á espera de empezar a loitar polo ascenso, e tamén a confirmación de que o maior rival do Malpica é o propio Malpica, que caeu tamén ante un equipo da Liga da Costa coma o Mazaricos.
No que a competición de regularidade se refire empeza a debuxarse un sorriso na faciana dun Xallas que non só cumpriu ante o Viveiro, senón que ademais pegou dous pasos hacia arriba na táboa. Se o Dumbría chega a puntuar en Sarria a permanencia sería case un feito. Iso si, o órdago é importante, xa que o últiimo compromiso será en Castro de Rei, ante un equipo ao que un punto lle separa do título.
Pola súa banda, o Sofán terá que marcar en Miño para facer historia e recuperar a Preferente, despois de non conseguir romper a liña defensiva do cadro visitante ante un ateigado Carral.
Raul rodeado de xogadores do Miño-Foto-SD Sofán
Os que non deron alegrías foron os campións costeiros da base, que nas eliminatorias previas da Fase de Ascenso, caeron (o Xallas xuvenís sufriu un pau en Betanzos; o Fisterra recibiu un set e o segundo será o martes; e o Dumbría intantil caeu por penaltis...) e terán que pasar agora 3 eliminatorias para ascender á competición autonómica.
En www.copadacosta.com
Copa da Costa, Ida dos Oitavos
Preferente Norte, xornada 37
FasedeAscenso á Preferente, Ida da Final
FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Volta da Final
FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil
CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos
CopadaCosta Infantil, ida dos Oitavos
AlevínCosta Norte F8, xornada 11
BenxamínCosta Norte F8, xornada 11
CopadaCosta dos Veteranos, volta da Previa
Novasrelacionadas
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Comeza o baile nos bancos da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Rikísimo ascenso.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máisinformación
- Os cadros da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).