mércores. 30.04.2025
El tiempo

Benvida de novo, UD

Benvida de novo, UD
Nunha xornada marcada polo retorno da Copa, o histórico Corcubión acadou nun final agónico o ascenso á Liga da Costa; o Xallas cada vez é máis de Preferente e o Sofán terá que agardar O Corcubión volve á Liga da Costa-Foto-Eva O Corcubión volve á Liga da Costa-Foto-Eva O fútbol da Costa recupera para a súa liga 'franquicia' á Unión Deportiva Corcubión, despois dunha interminable eliminatoria fronte ao Muxía. Da xustiza ou crueldade do desenlace, en penaltis, depende a subxectividade e o lugar de orixe do análise, pero o que parece claro é que confluiron o momento físico dun e o crecente estado de gracia dos da Vila da Barca, aínda que a normalidade da tempada regular deulle finalmente a razón á UD. O reto agora será asentar a categoría e abandoar esa recente tradición de equipo ascensor. Potencial e clase ten para confiar nelo. Foi tamén a fin de semana do retorno da Copa da Costa, esta vez sen case interferir en intereses maiores na maioría dos casos. Precisamente, o Corcubión pareceu pagar os fastos do día anterior e caeu sorpresivamente ante o Seaia, definitivamente en idilio coa Copa na súa curta historia. O barco da SD Fisterra, esta vez en viaxe de pracer, segue a manter un ritmo incorruptible e pasou por enriba dun Sofán marcado polo esforzo da promoción de ascenso. Os verdes seguen coa palabra doblete marcada a lume nunha pel que empeza a poñerselle de galiña aos seus. O resto da xornada estivo marcada pola normalidade do triunfo do Soneira e a solvencia do Zas, á espera de empezar a loitar polo ascenso, e tamén a confirmación de que o maior rival do Malpica é o propio Malpica, que caeu tamén ante un equipo da Liga da Costa coma o Mazaricos. No que a competición de regularidade se refire empeza a debuxarse un sorriso na faciana dun Xallas que non só cumpriu ante o Viveiro, senón que ademais pegou dous pasos hacia arriba na táboa. Se o Dumbría chega a puntuar en Sarria a permanencia sería case un feito. Iso si, o órdago é importante, xa que o últiimo compromiso será en Castro de Rei, ante un equipo ao que un punto lle separa do título. Pola súa banda, o Sofán terá que marcar en Miño para facer historia e recuperar a Preferente, despois de non conseguir romper a liña defensiva do cadro visitante ante un ateigado Carral. Raul no Sofan Mino-Foto-SD Raul rodeado de xogadores do Miño-Foto-SD Sofán Os que non deron alegrías foron os campións costeiros da base, que nas eliminatorias previas da Fase de Ascenso, caeron (o Xallas xuvenís sufriu un pau en Betanzos; o Fisterra recibiu un set e o segundo será o martes; e o Dumbría intantil caeu por penaltis...) e terán que pasar agora 3 eliminatorias para ascender á competición autonómica.  

Copa da Costa, Ida dos Oitavos

E En www.copadacosta.com  

Preferente Norte, xornada 37

 

FasedeAscenso á Preferente, Ida da Final

Promo sofan  

FasedeAscenso á 2ª Autonómica, Volta da Final

Promo 3  

FasesdeAscenso ás Ligas Galegas Xuvenil, Cadete e Infantil

Fases de Ascenso  

CopadaCosta Cadete, Ida dos Otavos

Copa cade  

CopadaCosta Infantil, ida dos Oitavos

Copa inf  

AlevínCosta Norte F8, xornada 11

 

BenxamínCosta Norte F8, xornada 11

 

CopadaCosta dos Veteranos, volta da Previa

Copa Vet  

Novasrelacionadas

Máisinformación

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios