Deporte e Saúde con DáFIT: Calistenia para tod@s!

Segundo a RAE, a Calistenia é conxunto de exercicios que conducen ó desenvolvemento da axilidade e forza física. Pero si nos estendemos un chisco máis, é un método de fitness que se aproveita da contracción muscular. Trátase de aproveitar a forza da gravidade e do propio peso para exercitar os músculos con armonía. Como sempre que podemos e estea da nosa man, tentamos resaltar a importancia da actividade física e do exercicio, como medio para garantir un estado de saúde e de condición física axeitados. É por elo, que hoxe falaremos da Calistenia, ubicando como un tipo de adestramento funcional, que empregamos de forma habitual tanto nos adestramentos persoais levados a cabo en DaFit, como nas sesións de Crossfit que se realizan nas instalacións deportivas de Dumbría –ConcoBOX-.  A Calistenia presentase como unha alternativa de gran eficacia e accesible a todo tipo de persoas e con gran potencial para a mellora da condición física.
Exercicios de quecemento, no exterior das Instalacións Deportivas do Conco. Dumbría O concepto Calistenia foi evolucionando ate o día de hoxe, tendo unha raíz etimolóxica do grego “kallisthenés”,  kallos (beleza) e sthenos (fortaleza) que ven a significarse “cheo de vigor”. Ten un orixe mítico, unha das primeiras mencións atópase nas crónicas de Herodoto sobre as batallas de Termópilas (480 a. C). Distintos historiadores e xeógrafos afirman que os primeiros atletas dos Xogos Olímpicos eran adestrados baixo este método. Pero practicamente, todas as culturas e civilizacións empregaron, dun xeito ou outro  algún tipo de estilo de calistenia, sendo parte por exemplo da tradición india (a flexión hindú ou Dand e a sentadilla hindú ou Baithak). Os monxes Shaolim da China, tamén a empregaron (para gañar forza, axilidade e equilibrio). Existe unha gran cantidade e variedade de exercicios calisténicos que coñecemos sen sequera sábelo. Abdominais, sentadillas, flexións, dominadas, fondos, etc., todos eles se poden realizar sen engadir peso e empregando a resistencia do propio corpo (e a forza da gravidade, claro). ¿En que consiste? En canto ó método de traballo, cabe resaltar a importancia do quecemento que irá en función da esixencia do exercicio que se levará a cabo, potenciando a forza resistencia, forza explosiva, elasticidade, axilidade entre outras. Pasando de exercicios máis globais, sempre co peso propio como: sentadillas, zancadas, flexións, abdominais, etcétera. Hasta exercicios máis específicos en función do nivel técnico e condición física do/a practicante (pino, fondos, etc.). Nalgúns casos, poden empregarse cargas externas como mochilas con lastre, compañeiros/as, balóns medicinais, etcétera. Unha rutina de Calistenia xeralmente, consiste nun conxunto de exercicios deseñados para fortalecer o núcleo do corpo ou unha área en específico. É unha combinación entre un adestramento de forza e un adestramento cardiovascular, porque eleva o ritmo cardíaco considerablemente pero é máis un exercicio de posturas e de resistencia que de potencia. Deberase realizar a volta á calma que terá como obxectivo estabilizar e conseguir volver ós niveis iniciais tras a realización dos exercicios, facilitando deste xeito, a recuperación do corpo nas mellores condicións e evitando así posibles lesións. Beneficios En relación ó desenvolvemento das capacidades físicas, presenta melloras a distintos niveis, sendo a forza donde se ten a maior manifestación. Tamén contribúe a mellora do nivel funcional para previr patoloxías do sistema locomotor e cardiocirculatorio. Ademais de favorecer a autoestima e autoimaxe corporal. Tendo en conta a combinación de exercicio, alimentación e descanso, sendo preciso manter unha regularidade ó longo do tempo. Recoméndase para aquelas persoas que desexen tonificar, ter mellor resistencia. Non ten límites de idade nin de forza. Cada un adaptase ó seu nivel tentando mellorar. Actualmente está de moda o movemento Streer Workout, un movemento que ten as súas orixes nos Estados Unidos, en Nova York, con grupos como  Bartendaz e Barstarzz. A partir da difusión dos seus vídeos por Internet, estendeuse rapidamente ó resto do mundo.Realizan exercicios nos parques, con movementos case imposibles para o ser humano debido . Se queres descubrir as vantaxes desta modalidade de adestramento funcional, realizar exercicios calisténicos, traballando co propio peso corporal; ven a vernos a Dumbría, de luns a xoves, en diferentes horarios para adaptarnos á vosa dispoñibilidade.  

Sesións con Dafit

Máis información

Fonte

  • Enlace patrocinado.