Deporte e Saúde con DáFIT: Calistenia para tod@s!

08:05 18/05/16
Segundo a RAE, a Calistenia é conxunto de exercicios que conducen ó desenvolvemento da axilidade e forza física. Pero si nos estendemos un chisco máis, é un método de fitness que se aproveita da contracción muscular. Trátase de aproveitar a forza da gravidade e do propio peso para exercitar os músculos con armonía.
Como sempre que podemos e estea da nosa man, tentamos resaltar a importancia da actividade física e do exercicio, como medio para garantir un estado de saúde e de condición física axeitados. É por elo, que hoxe falaremos da Calistenia, ubicando como un tipo de adestramento funcional, que empregamos de forma habitual tanto nos adestramentos persoais levados a cabo en DaFit, como nas sesións de Crossfit que se realizan nas instalacións deportivas de Dumbría –ConcoBOX-. A Calistenia presentase como unha alternativa de gran eficacia e accesible a todo tipo de persoas e con gran potencial para a mellora da condición física.
Exercicios de quecemento, no exterior das Instalacións Deportivas do Conco. Dumbría
O concepto Calistenia foi evolucionando ate o día de hoxe, tendo unha raíz etimolóxica do grego “kallisthenés”, kallos (beleza) e sthenos (fortaleza) que ven a significarse “cheo de vigor”. Ten un orixe mítico, unha das primeiras mencións atópase nas crónicas de Herodoto sobre as batallas de Termópilas (480 a. C). Distintos historiadores e xeógrafos afirman que os primeiros atletas dos Xogos Olímpicos eran adestrados baixo este método. Pero practicamente, todas as culturas e civilizacións empregaron, dun xeito ou outro algún tipo de estilo de calistenia, sendo parte por exemplo da tradición india (a flexión hindú ou Dand e a sentadilla hindú ou Baithak). Os monxes Shaolim da China, tamén a empregaron (para gañar forza, axilidade e equilibrio).
Existe unha gran cantidade e variedade de exercicios calisténicos que coñecemos sen sequera sábelo. Abdominais, sentadillas, flexións, dominadas, fondos, etc., todos eles se poden realizar sen engadir peso e empregando a resistencia do propio corpo (e a forza da gravidade, claro).
¿En que consiste?
En canto ó método de traballo, cabe resaltar a importancia do quecemento que irá en función da esixencia do exercicio que se levará a cabo, potenciando a forza resistencia, forza explosiva, elasticidade, axilidade entre outras. Pasando de exercicios máis globais, sempre co peso propio como: sentadillas, zancadas, flexións, abdominais, etcétera. Hasta exercicios máis específicos en función do nivel técnico e condición física do/a practicante (pino, fondos, etc.). Nalgúns casos, poden empregarse cargas externas como mochilas con lastre, compañeiros/as, balóns medicinais, etcétera.
Unha rutina de Calistenia xeralmente, consiste nun conxunto de exercicios deseñados para fortalecer o núcleo do corpo ou unha área en específico. É unha combinación entre un adestramento de forza e un adestramento cardiovascular, porque eleva o ritmo cardíaco considerablemente pero é máis un exercicio de posturas e de resistencia que de potencia.
Deberase realizar a volta á calma que terá como obxectivo estabilizar e conseguir volver ós niveis iniciais tras a realización dos exercicios, facilitando deste xeito, a recuperación do corpo nas mellores condicións e evitando así posibles lesións.
Beneficios
En relación ó desenvolvemento das capacidades físicas, presenta melloras a distintos niveis, sendo a forza donde se ten a maior manifestación. Tamén contribúe a mellora do nivel funcional para previr patoloxías do sistema locomotor e cardiocirculatorio.
Ademais de favorecer a autoestima e autoimaxe corporal. Tendo en conta a combinación de exercicio, alimentación e descanso, sendo preciso manter unha regularidade ó longo do tempo. Recoméndase para aquelas persoas que desexen tonificar, ter mellor resistencia. Non ten límites de idade nin de forza. Cada un adaptase ó seu nivel tentando mellorar.
Actualmente está de moda o movemento Streer Workout, un movemento que ten as súas orixes nos Estados Unidos, en Nova York, con grupos como Bartendaz e Barstarzz. A partir da difusión dos seus vídeos por Internet, estendeuse rapidamente ó resto do mundo.Realizan exercicios nos parques, con movementos case imposibles para o ser humano debido .
Se queres descubrir as vantaxes desta modalidade de adestramento funcional, realizar exercicios calisténicos, traballando co propio peso corporal; ven a vernos a Dumbría, de luns a xoves, en diferentes horarios para adaptarnos á vosa dispoñibilidade.

Sesións con Dafit
- Alimentación & Nutrición: Clasificacións.
- Ciclo Circadiano, Arredor do día.
- Fast Food, receitas de comida rápida saudable.
- Receitas #ComeconDafit con produtos de temporada.
- Suplementos Queimagraxas!.
- Comer SAN, pode ser MALO?.
- A primavera o sangue altera!?.
- Ácido Láctico.
- Efecto EPOC ou Postcombustión.
- Novas tendencias culinarias.
- KickBoxing, para todas as idades!.
- Estiramentos… Si ou non?.
- Cales son as lesións máis frecuentes?
- Exercicio funcional para saber cargar pesos.
- Electrofitness con Dani Trillo.
- #DaFitKIDS.
- O bo, o malo e o feo? NON (Falamos do colesterol).
- Paciencia para recuperarse do Nadal.
- Os mitos da Alimentación.
- Para Maiores!.
- Hipopresivos & Isométricos.
- Bewater, my friend!.
- Maniotas, quen non as padeceu algunha vez?.
- Previndo a dor das costas.
- Apostamos polo Crossfit.
- Unha de surf.
- Comer, todo é bo, na medida xusta!.
- Outono de sendeirismo.
- Invadindo o Conco.
- #CorreconDafit.
- “A xente vén buscando estética e sae con saúde”.
- O Deporte e o Adestramento persoal como identidade dende a Costa da Morte.
Máis información

Fonte
- Enlace patrocinado.