Carballo acollerá a fase final da Copa Galicia infantil
Carballo converterase o 10 de novembro na capital galega do baloncesto infantil masculino. A Federación Galega de Baloncesto concedeu a organización da fase final da Copa Galicia ao Carballo Basket Xiria, tras a solicitude presentada polo club co apoio do Concello de Carballo. O Carballo Basket infantil, que se clasificou para esta fase final tras quedar primeiro do seu grupo, pelexará polo título de campión galego contra o Rosalía de Castro de Santiago, o Sigatelc de Vilagarcía e o Seis do Nadal de Coia.
Así, a fin de semana do 9 e o 10 do próximo mes xogaranse as catro finais da Copa Galicia correspondente ás categorías infantil masculina e feminina e cadete masculina e feminina. Ourense e Lugo serán as outras dúas sedes xunto a Carballo. Os partidos disputaranse no pavillón Vila de Noia.
Moitos máis que infantis
Pero o Carballo Basket non para demostrar a forza que ten, non só en categoría infantil. Son moitas as categorías que ten en marcha o cadro carballés, como vemos na apretada axenda da fin de semana. Intentaremos seguir a actualidade deportiva da familia.
Fin de semana para o Carbalo Basket
CATEGORIA | PARTIDO | DIA | HORA | PAVILLON |
SENIOR 2ª | CB VIVEIRO - CARBALLO BASKET | SABADO 9 | 18:00h | VIVEIRO |
CADETE MASC. 2ª | IRMANDIÑOS - CARBALLO BASKET | SABADO 9 | 16:00h | COLEXIO ESTEIRO |
CADETE FEM. 2ª | CARBALLO BASKET - MERCEDARIAS | SABADO 9 | 12:00h | VILA DE NOIA |
INFANTIL COPA GAL. | CARBALLO BASKET - SEIS DO NADAL | DOMINGO 10 | 10:30h | VILA DE NOIA |
INFANTIL MASC. 2ª | CARBALLO BASKET - STA. MARIA DEL MAR | DOMINGO 10 | 11:15h | ELVIÑA II |
INFANTIL FEMENINO | BETANZOS - CARBALLO BASKET | SABADO 9 | 10:00h | MUNICIPAL BETANZOS |
MINIBASKET FEMENINO | CARBALLO BASKET - CORETI ETIQUETAS | SABADO 9 | 12:00h | SARDIÑEIRA |