sábado. 17.05.2025
El tiempo

Carballo acollerá a fase final da Copa Galicia infantil

Carballo acollerá a fase final da Copa Galicia infantil
Presentando a Copa Galicia de Baloncesto Infantil en Carballo Fase Final Copa Galicia 2013 de baloncesto infantil en Carballo

Carballo converterase o 10 de novembro na capital galega do baloncesto infantil masculino. A Federación Galega de Baloncesto concedeu a organización da fase final da Copa Galicia ao Carballo Basket Xiria, tras a solicitude presentada polo club co apoio do Concello de Carballo. O Carballo Basket infantil, que se clasificou para esta fase final tras quedar primeiro do seu grupo, pelexará polo título de campión galego contra o Rosalía de Castro de Santiago, o Sigatelc de Vilagarcía e o Seis do Nadal de Coia.

Así, a fin de semana do 9 e o 10 do próximo mes xogaranse as catro finais da Copa Galicia correspondente ás categorías infantil masculina e feminina e cadete masculina e feminina. Ourense e Lugo serán as outras dúas sedes xunto a Carballo. Os partidos disputaranse no pavillón Vila de Noia.

Moitos máis que infantis

Pero o Carballo Basket non para demostrar a forza que ten, non só en categoría infantil. Son moitas as categorías que ten en marcha o cadro carballés, como vemos na apretada axenda da fin de semana. Intentaremos seguir a actualidade deportiva da familia.

Fin de semana para o Carbalo Basket

CATEGORIA PARTIDO DIA HORA PAVILLON
SENIOR 2ª CB VIVEIRO - CARBALLO BASKET SABADO 9 18:00h VIVEIRO
CADETE MASC. 2ª IRMANDIÑOS - CARBALLO BASKET SABADO 9 16:00h COLEXIO ESTEIRO
CADETE FEM. 2ª CARBALLO BASKET - MERCEDARIAS SABADO 9 12:00h VILA DE NOIA
INFANTIL COPA GAL. CARBALLO BASKET - SEIS DO NADAL DOMINGO 10 10:30h VILA DE NOIA
INFANTIL MASC. 2ª CARBALLO BASKET - STA. MARIA DEL MAR DOMINGO 10 11:15h ELVIÑA II
INFANTIL FEMENINO BETANZOS - CARBALLO BASKET SABADO 9 10:00h MUNICIPAL BETANZOS
MINIBASKET FEMENINO CARBALLO BASKET - CORETI ETIQUETAS SABADO 9 12:00h SARDIÑEIRA

Máis información

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Carballo e do Basket Carballo.
  • Comentarios