Carlos Waldomar, profeta na súa terra triufando entre os mellores do mundo

Carlos Waldomar nunha das probas do trial de Carnota-Foto-Carnota A Coruna Chegaban a Carnota os mellores pilotos do mundo no marco da 6ª proba do Campionato de España de Trial. Pero o protagonista absoluto foi Carlos Waldomar. O piloto carnotán, o gran culpable de traer un evento de tan alto nivel á zona xunto co Motoclub Teo, disfrutou dunha fin de semana inesquecible con sendos triunfos, o da organización, o do éxito de xente e o seu persoal. Waldomar impúxose na categoría de Veteranos, nun final apretado por diante de Manuel Panizo García, e con moita vantaxe sobre Raúl Monfort ou Toni Astals.
Carlos Waldomar lembrouse do seu finado cuñado, o que o iniciou neste deporte, no podio-Foto-Carnota A Coruña A esta vitoria hai que engadirlle o éxito de participación e de visitantes, pois ademais da alta ocupación hostaleira, notouse a pé de pista o interese que hai por esta clase de deportes de motor. Este é un resumo do trial: [fbvideo link="https://www.facebook.com/concellodecarnota/videos/179873679086327/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] Virguerías coma esta fixo Carlos Waldomar durante a proba: [fbvideo link="https://www.facebook.com/carnotaAcorunha/videos/1210630115651122/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/carnotaAcorunha/videos/1210469095667224/" width="660" height="400" onlyvideo="1"] [fbvideo link="https://www.facebook.com/carnotaAcorunha/videos/1210429992337801/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]

Toni Bou, campión

Toni Bou en Carnota-Foto-JC Vazquez para RFME E os expertos quedaron encantados. Un dos mellores do mundo como Toni Bou levou o triunfo da máxima categoría. Despois de conquistar o seu 20º mundial, superou ao galgo Jose Casales, e se mantén líder da xeral por diante de Ragha e o propio Casales.
Jorge Casales en Carnota Foto-JC Vazquez para RFME

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC Motor (info@quepasanacosta.com).