![Carlos Waldomar campion en Carnota-Foto-Carnota A Coruna 3]()
Carlos Waldomar nunha das probas do trial de Carnota-Foto-Carnota A Coruna
Chegaban a Carnota os mellores pilotos do mundo no marco da
6ª proba do Campionato de España de Trial. Pero o protagonista absoluto foi Carlos Waldomar. O piloto carnotán, o gran culpable de traer un evento de tan alto nivel á zona xunto co Motoclub Teo, disfrutou dunha fin de semana inesquecible con sendos triunfos, o da organización, o do éxito de xente e o seu persoal.
Waldomar impúxose na categoría de Veteranos, nun final apretado por diante de Manuel Panizo García, e con moita vantaxe sobre Raúl Monfort ou Toni Astals.
![Carlos Waldomar campion en Carnota-Foto-Carnota A Coruna]()
Carlos Waldomar lembrouse do seu finado cuñado, o que o iniciou neste deporte, no podio-Foto-Carnota A Coruña
A esta vitoria hai que engadirlle o éxito de participación e de visitantes, pois ademais da alta ocupación hostaleira, notouse a pé de pista o interese que hai por esta clase de deportes de motor.
Este é un resumo do trial:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/concellodecarnota/videos/179873679086327/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Virguerías coma esta fixo Carlos Waldomar durante a proba:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/carnotaAcorunha/videos/1210630115651122/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
[fbvideo link="https://www.facebook.com/carnotaAcorunha/videos/1210469095667224/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
[fbvideo link="https://www.facebook.com/carnotaAcorunha/videos/1210429992337801/" width="660" height="400" onlyvideo="1"]
Toni Bou, campión
![Toni Bou en Carnota-Foto-JC Vazquez para RFME]()
Toni Bou en Carnota-Foto-JC Vazquez para RFME
E os expertos quedaron encantados. Un dos mellores do mundo como
Toni Bou levou o triunfo da máxima categoría. Despois de conquistar o seu 20º mundial, superou ao galgo Jose Casales, e se mantén líder da xeral por diante de Ragha e o propio Casales.
![Jorge Casales en Carnota Foto-JC Vazquez para RFME]()
Jorge Casales en Carnota Foto-JC Vazquez para RFME
Novas relacionadas
Fonte
- Redacción de QPC Motor (info@quepasanacosta.com).