Cee acolle unha nova proba de Campo a Través con máis de 600 rapaces

Un ano máis o Concello de Cee acolle unha nova Proba de Campo a través de deporte en idade escolar. Esta proba enmárcase dentro do programa “Xogade” (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para o curso 2012-2013.

Este mércores 5 de decembro terá lugar esta proba a partir das 11.00 horas no Estadio Municipal de Fútbol “San Paio de Refoxos” de Cee e nela participarán 10 centros de ensino e 1 club deportivo que xuntarán máis de 600 rapaces e rapazas da comarca nas seguintes categorías: benxamín (masculino/femenino), alevín (m/f), infantil (m/f) e cadete (m/f).

Esta é a relación centros participantes:

  • CPI AROUTA DE LAXE.
  • IES PEDRA DE AGUIA DE PORTOMOURO.
  • CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRIA.
  • CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO.
  • CEIP VIRXE DA BARCA DE MUXIA.
  • COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO DE CEE.
  • CEIP EUGENIO LOPEZ DE CEE.
  • IES FERNANDO BLANCO DE CEE.
  • IES AGRA DAS RAICES DE CEE.
  • ASOCIACION DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE.
  • CEIP XOSE ALCALDE PICHEL DE CORISTANCO.

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.