Xoves. 25.04.2024
El tiempo

O Olimpia estreou podio en Negreira

O Olimpia estreou podio en Negreira
Atletas ceenses en Negreira

A Escola de Atletismo Olimpia Bazarra participou de forma sobresainte na 33 edición da Carreira Popular de Negreira, cunha actuación estelar de tódolos seus atletas. Era a primeira proba oficial do clube en familia, e os resultados, segundo nos apunta o propio míster Jorge Lariño, foi máis que satisfactoria.
Un adestrador que tamén correu, e recibiu o apoio dos seus pequenos alumnos, tras acadar un meritorio 19º posto, pois a de Negreira é unha das probas máis esixentes e con maior participación internacional do país.

Xan Insua loitou con Salama Loufti pola primeira praza en Alevins na Carreira de Negreira

A mellor posición foi acadada en alevíns, onde Xan Insua Miñones, chegou mesmo a rozar o máis alto do podio disputando ata o final un apretado sprint pola primeira praza con Salama Loufti, rematando a un segundo deste.
Tamén participaron de forma brillante nesta proba Alevín: Lucia Suárez Rodríguez (6ª) e Aberu Rios Fidalgo (10ª) sendo todavía Alevíns de 1º ano.
O cuble ceense contou coa excepcional participación de Minerva Antia Lago López (17ª) na categoría Benxamín e de Mario Insua Miñones (18º) e Elian Numa López Iglesias (25º) na categoría Infantil.

Atletas ceenses en Negreira Atletas ceenses en Negreira

Máis información

Comentarios