Cee acolle unha nova proba de Campo a Través con máis de 600 rapaces

09:08 04/12/12

Un ano máis o Concello de Cee acolle unha nova Proba de Campo a través de deporte en idade escolar. Esta proba enmárcase dentro do programa “Xogade” (Xogos Galegos Deportivos en Idade Escolar) que promove a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia para o curso 2012-2013.
Este mércores 5 de decembro terá lugar esta proba a partir das 11.00 horas no Estadio Municipal de Fútbol “San Paio de Refoxos” de Cee e nela participarán 10 centros de ensino e 1 club deportivo que xuntarán máis de 600 rapaces e rapazas da comarca nas seguintes categorías: benxamín (masculino/femenino), alevín (m/f), infantil (m/f) e cadete (m/f).
Esta é a relación centros participantes:
- CPI AROUTA DE LAXE.
- IES PEDRA DE AGUIA DE PORTOMOURO.
- CEIP SANTA EULALIA DE DUMBRIA.
- CEIP SAN VICENZO DE VIMIANZO.
- CEIP VIRXE DA BARCA DE MUXIA.
- COLEXIO MANUELA RIAL MOUZO DE CEE.
- CEIP EUGENIO LOPEZ DE CEE.
- IES FERNANDO BLANCO DE CEE.
- IES AGRA DAS RAICES DE CEE.
- ASOCIACION DEPORTIVA OLIMPIA DE CEE.
- CEIP XOSE ALCALDE PICHEL DE CORISTANCO.
Novas relacionadas
- O atleta ceense Jorge Lariño en forma para o Campionato Galego.
- O Olimpia estreou podio en Negreira.
- 2010: O frío non parou aos pequenos atletas de toda a bisbarra en Cee.
Fonte
- Nota de prensa do Concello de Cee.