Cee acollerá a exhibición de Patinaxe artístico comarcal
12 de decembro de 2014 (07:50 h.)
Para elo contará coa participación estelar de Aida Vieites, patinadora do Club Maxia (A Coruña) que obtivo o 5º posto no último campionato do mundo de Reus 2014.
Pero os grandes protagonistas serán os patinadores locais, pois participarán uns 100 nenos/as das seguintes entidades:
- C.P. AXEL-ARTEIXO.
- C.D. FERVELLO (Arteixo).
- BRINCADEIRA (A Coruña).
- DOMINICOS (A Coruña).
- C. D. FONTIÑAS (Santiago).
- PATIART CORISTANCO.
- C.P.A. COSTA DA MORTE (Cee).
Ademais, cómpre sinalar que colaboran nesta iniciativa as seguintes entidade: Centro Comercial Finis Terrae, E.S. Bazarra, Máis Deporte, Euronics, Palacín-Lennon, Ceefis, Cabo Sport Cee, Clínica Fisioterapia Xunqueira, NoaCar, Bombonera y Iden Tatoo, Cee Color, Clínica Fisioterapia Sar, Carnicería Muíño, Autolunas Xallas, Clínica Dental Baldomar e Suministros Lar.
Novas relacionadas
- Combustible para que o Patinaxe Artístico invada a Costa da Morte.
- Centos de pequenos patíns encheron o pavillón de Camariñas.