mércores. 30.04.2025
El tiempo

Cee acollerá a exhibición de Patinaxe artístico comarcal

Cee acollerá a exhibición de Patinaxe artístico comarcal
Exhibicion  Patinaxe Cee O Club de Patinaxe Artístico Costa da Morte de Cee organizará, xunto co Concello de Cee, a I Exhibición de patinaxe artística de Cee 2014. A cita será o sábado 20 de decembro, a partir das 11:00h no pavillón municipal ceense.

Para elo contará coa participación estelar de Aida Vieites, patinadora do Club Maxia (A Coruña) que obtivo o 5º posto no último campionato do mundo de Reus 2014.

Pero os grandes protagonistas serán os patinadores locais, pois participarán uns 100 nenos/as das seguintes entidades:

  • C.P. AXEL-ARTEIXO.
  • C.D. FERVELLO (Arteixo).
  • BRINCADEIRA (A Coruña).
  • DOMINICOS (A Coruña).
  • C. D. FONTIÑAS (Santiago).
  • PATIART CORISTANCO.
  • C.P.A. COSTA DA MORTE (Cee).

Ademais, cómpre sinalar que colaboran nesta iniciativa as seguintes entidade: Centro Comercial Finis Terrae, E.S. Bazarra, Máis Deporte, Euronics, Palacín-Lennon, Ceefis, Cabo Sport Cee, Clínica Fisioterapia Xunqueira, NoaCar, Bombonera y Iden Tatoo, Cee Color, Clínica Fisioterapia Sar, Carnicería Muíño, Autolunas Xallas, Clínica Dental Baldomar e Suministros Lar.

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios