Contra a Gran Depresión, coma na Rosa Púrpura do Cairo
- O Corme-Sofán é un camiño á tranquilidade para os locais e unha fiestra aberta á Preferente para os carballeses; na Liga da Costa, debería haber poucas sorpresas.
Hai xa más de trinta anos Woody Allen dirixiu e concebíu unha das súas grandes obras mestras, na que un desempregado da Gran Depresión acudía continuamente ao cine para evadirse e soñar con días de gloria. Chamoulle a Rosa Púrpura do Cairo. Tamén co nome da capital exipcia chega o epicentro futbolístico da Costa esta fin de semana, nunha loita pola tranquilidade e un suspiro de Preferente. Corme e Sofán, dous case veciños de estilos opostos e nun gran momento de forma, prometen goles e un espectáculo grande. Para o resto dos 'Primeiros' hai un menú degustación, con pratos de todo tipo. O líder Soneira visita ao Carcacía, un dos clubes máis modestos da categoría, mentres que o Baio pode facerlle un favor dando a sorpresa co Cordeiro, segundo en discordia. Un nivel alto de dificultade teñen tamén os partidos caseiros para un Malpica en busca da utopía (ante o Flavia) e un Outes sorprendente que se medirá a un Flavia diametralmente oposto na súa filosofía.
Tócalle á Liga da Costa rebaixar a intensidade dos partidos nunha semana sen apenas cruces directos, e na que sobresae o derbi de proximidade entre San Lorenzo e Buño. Rivais tamén na Copa da Costa, as súas loitas son antagónicas. Os verdilleses buscan o título e os oleiros sair dunha situación cada vez máis dramática na zona baixa. Tamén de contrastes é o Cabana-Zas, tanto que é colista contra líder. Máis difíciles, e trampa, parecen as saídas do Ponteceso a Muros e do Mazaricos a Camariñas, feudos nunca cómodos e onde os locais medran ante os grandes. Na loita pola salvación, o Coristanco mide a ilusión fisterrán, e Ameixenda e Porteño tratarán de superar a domicilio os baixóns de Castriz e Baíñas. O sorprendente Cerqueda recibe á Esteirana.
Outro partido grande aparece nunha Terceira Autonómica na que o Laxe, de vencer ao líder Corcubión, asaltará e tomará a primeira praza. Os branquiazuis veñen da súa peor tarde do curso, tras ser goleados na casa polo Muxía. O terceiro en discordia nesa loita, o Louro, formará nun derbi en teoría de cor branca fronte ao Lira. A Preferente Autonómica, pola súa banda, invita á cuarta seguida dun Xallas que vai a máis e a máis, e que visita ao Estudiantil. O exlíder Arteixo chega ao Conco no seu peor momento do curso.
O Orillamar herculino, que loita por non descender, será o rival en Liga Galega Xuvenil para o Dumbría, no Conco, mentres que dura, dura será a saída do División de Honor Cadete a Coruña, para enfrontarse ao Victoria.
Preferente Norte, xornada 28
Primeira Autonómica, xornada 26
Segunda Autonómica, xornada 26
Terceira Autonómica, xornada 23
Xuvenil - Liga Galega, xornada 25
Dumbría | 05/03 - 16:30 | Orillamar |
Cadete - División de Honra, xornada 25
Victoria | 05/03 - 12:15 | Dumbría |
Liguilla de Ascenso Xuvenil, xornada 8
Liguilla Copeira Xuvenil, xornada 7
Primeira Cadete, xornada 24
Primeira Infantil, xornada 24
AlevínCosta Sur F8, xornada 22
AlevínCosta Norte F8, xornada 2
BenxamínCosta Sur F8, xornada 22
BenxamínCosta Norte F8, xornada 2
Prebenxamín Costa F8, xornada 3
Veteranos, 1ª División, xornada 23
Veteranos, 2ª División, xornada 23
Máisinformación
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).