Dani Carracedo volve de Valpaços con dous podios tras 12 horas sobre a moto

Está en forma o laxense Dani Carracedo a pesar de estar no comezo da tempada. Participaba na segunda proba do Campionato Nacional Portigués de Cross, na localidade de Valpaços. E como non lle chega un só día de proba, tivo dous completos días, estando o sábado 5 horas sobre a moto, e ata 7 o domingo.

Pero mereceu a pena, porque como el mesmo recoñece, “foi unha fin de semana case perfecta”. Finalizaou primeiro na categoría Elite-1 (motos de 250cc). Non tivo problemas o laxense que dominou a proba perfectamente durante as dúas xornadas sacando bastante vantaxe a Fernando Ferreira, piloto de Yamaha.

O gran desafío chegaba o omingo na categoría Scratch, na que se propuña chegar ao podio. Así foi, conseguiu unha valiosísima 3ª praza, a pesar dun domingo tremendamente intenso, no que tiveron que completar 4 voltas e 12 especiais cronometradas, coas pistas practicamente desfeitas, e co físico pasando factura tras dous días e un domingo que se alongou ata as 7 horas de carreira.

Volve feliz Carracedo, que xa prepara a vindeira proba, o 19 de marzo, en Chaves-Verín, unha proba compartida para os campionatos de Portugal e para a Liga Galega de Motodecampo.

Dani Carracedo na saída de Valpaços
Dani Carracedo cos seus dous premios de Valpaços

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).