Dani Carracedo volve de Valpaços con dous podios tras 12 horas sobre a moto


Está en forma o laxense Dani Carracedo a pesar de estar no comezo da tempada. Participaba na segunda proba do Campionato Nacional Portigués de Cross, na localidade de Valpaços. E como non lle chega un só día de proba, tivo dous completos días, estando o sábado 5 horas sobre a moto, e ata 7 o domingo.
Pero mereceu a pena, porque como el mesmo recoñece, “foi unha fin de semana case perfecta”. Finalizaou primeiro na categoría Elite-1 (motos de 250cc). Non tivo problemas o laxense que dominou a proba perfectamente durante as dúas xornadas sacando bastante vantaxe a Fernando Ferreira, piloto de Yamaha.
O gran desafío chegaba o omingo na categoría Scratch, na que se propuña chegar ao podio. Así foi, conseguiu unha valiosísima 3ª praza, a pesar dun domingo tremendamente intenso, no que tiveron que completar 4 voltas e 12 especiais cronometradas, coas pistas practicamente desfeitas, e co físico pasando factura tras dous días e un domingo que se alongou ata as 7 horas de carreira.
Volve feliz Carracedo, que xa prepara a vindeira proba, o 19 de marzo, en Chaves-Verín, unha proba compartida para os campionatos de Portugal e para a Liga Galega de Motodecampo.



Novas relacionadas
- Setembro 2016: Carlos Waldomar, profeta na súa terra triufando entre os mellores do mundo.
- Xullo 2016: Toni Trillo aparca o Quad dende o máis alto do podio Ibérico. +
- Abril 2012: Entrevista de David Castro con Dani Carracedo.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).