Diego Lobelos, Óscar Leis, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa
27 de xuño de 2017 (12:49 h.)
Máis fichaxes por Sofán
Toni ao Lira
Dani Calvete, ao mando na casa
Problemas en Zas
Despois da convocatoria da segunda asemblea para a renovación da directa do Sporting Zas non se presentou ningunha candidatura. Polo que a actual pide compromiso ás xentes da vila para que non morra o equipo. O prazo remata o 30 deste mes. Así, xa fan a terceira convocatoria para o venres 30 de xuño nas oficinas do club, día no que toca resolver a situación si ou si. Por se acaso, haberá pinchos, esperan que para celebrar a continuidade do club.Movementos no Baíñas
Tócalle cambiar de posto ao bo de Tasky, que deixa o banquiño para auparse á vicepresidencia. Con el estarán Chambón como Secretario, Sergio Quintáns como tesoureiro e Tito Sande Muíño como primeiro vocal e, como non, Víctor Muíño como presidente.
Paco Oreiro, o mítico trotamundos vimiancés que hoxendía coida das escolas de fútbol de Vimianzo, será o adestrador.
Novas relacionadas
- Final da Copa da Costa: O xigante verde desperta vinte anos despois.
- Roberto Amoedo, a proposta da nova directiva do Mazaricos CF:
- Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).