Martes. 15.10.2024
El tiempo

Diego Lobelos, Óscar Leis, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa

Diego Lobelos, Óscar Leis, Toni e outros movementos no Fútbol da Costa
Diego Lobelos entrenador do Dumbria da Liga Gaega Cadete Diego Lobelos durante a súa etapa do Dumbria da Liga Gaega Cadete Despois da marabillosa final da Copa da Costa, e sen tempo a dixerilo, continúa o Baile de movementos nas directivas e nos banquiños da Costa. A nova máis destacada protagonízaa o Dumbría, apenas unhas horas despois da Copa. Diego Lobelos, un dos que nunca deberon marchar, volve despois de ascender ao Bergantiños cadete, para facerse cargo do primeiro equipo e traerá de man un compañeiro. Ademais, Óscar Leis, outro que marchara pola porta de atrás no seu día, será o coordinador da canteira. Ao longo da semana o club fará oficial o organigrama de todas as categoría a través do seu Facebook “CD Fumbría -oficial.

Máis fichaxes por Sofán

Jonatan Fraga e Matias Navarrete fichan pola SD de Preferente, sumándose ao loureán Juan de Dora. Johnnatan é unha xove promesa de 19 anos da canteira do Bergantiños, equipo co que disputou a liga de Terceira División o ano pasado. Chega cedido por un ano e xoga de mediocampista. Matias é un mediapunta arxentino de 29 anos que o ano pasado estivo no Ordes en Terceira División. Anteriormente xogara no Bergantiños. Matias é un trotamundos do fútbol que xogou profesionalmente en Arxentina e varios paises europeos, e que se asentou fai pouco en Carballo.

Toni ao Lira

Soberana fichaxe do Lira. O muradán Toni, que despuntara no finado club celeste e despois de varios anos no Noia, ficha polo cadro para o seu asalto á Liga da Costa.

Dani Calvete, ao mando na casa

Dani Calvete faise cargo do seu Buno Dani Calvete faise cargo do seu Buno Dani Calvete será o adestrador do Buño SCD da iga da Costa. Deixa atrás aos seus pupilos do Xallas Xuvenil e faise cargo do seu equipo de sempre.

Problemas en Zas

Despois da convocatoria da segunda asemblea para a renovación da directa do Sporting Zas non se presentou ningunha candidatura. Polo que a actual pide compromiso ás xentes da vila para que non morra o equipo. O prazo remata o 30 deste mes. Así, xa fan a terceira convocatoria para o venres 30 de xuño nas oficinas do club, día no que toca resolver a situación si ou si. Por se acaso, haberá pinchos, esperan que para celebrar a continuidade do club.

Movementos no Baíñas

Tócalle cambiar de posto ao bo de Tasky, que deixa o banquiño para auparse á vicepresidencia. Con el estarán Chambón como Secretario, Sergio Quintáns como tesoureiro e Tito Sande Muíño como primeiro vocal e, como non, Víctor Muíño como presidente.

Paco Oreiro, o mítico trotamundos vimiancés que hoxendía coida das escolas de fútbol de Vimianzo, será o adestrador.

Nova directiva do Bainas Nova directiva do Baíñas  

Novas relacionadas

Fonte

Comentarios