2ª Autonómica: Do 'Zasca' ao Zas, todo un campión

O Sporting certificou o 'campionato' de inverno cun cómodo triunfo ante o Porteño, que confirma o seu papel de candidato a todo e que atrás ten quedado a decepción do ano pasado; por detrás parece que se confirma un triunvirato de oposición, con Ponteceso, Mazaricos e Fisterra do máis fiable
Houbo solidariedade con Miki, xogador do Cabana que lamentabla a perda da súa bisavoa - Foto: Cabana SD
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com

Ponteceso 4-1 Buño

  • Campo: O Pinguel
  • Ponteceso: Brais, Collazo, Laik, Charly, Juanma, Yago (Jose m.68), Baba, Mendieta (Márquez m.85), Nando, Dieguito e Eloy (Puente m.77)
  • Buño: Toni, Miguel Dourado (David m.76), Fran Borrazás, Dimitri, Eloy, Emilio (Gurita m.58), Antelo (Pablo m.70), Dani Calvete, Víctor, Ricardo e Jorge
  • Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Expulsou a Richard (m.63) do Buño.
  • Goles: 1-0 m.16 Eloy; 2-0 m.21 Yago; 2-1 m.58 Jorge, de penalti; 3-1 m.68 Nando; 4-1 m.75 Jose

A quinta do acné amarga a estrea de Mauro

Non poderían case nin entrar nunha discoteca tres dos catro goleadores na victoria do Ponteceso sobre un Buño no que se estreaba Mauro, exfutbolista do Compostela, á fronte do equipo. Seguen os de Barca a soñar ó grande cun dos plateis máis xoves, aínda que cada vez con máis madurez. A primeira metade foi case que un paseo, refrendado polos tantos dos xuvenís Eloy e Yago. O primeiro, cun bo remate no área tras centro lateral, e no segundo tras unha boa xogada tamén con fútbol aberto. Mudou algo o guión a raiz do tanto de penalti do oleiro Jorge, cun Buño apretando e buscando nivelar. Sen embargo, o capitán Nando, tras encarar só ó porteiro, e Jose, de cabeza, sentenciaron rápidamente o derbi.

Esteirana 3-1 Coristanco

  • Campo: José Luis Vara
  • Esteirana: Ponte (Roberto m.80), Damián Suizo (Eloy m.65), Rafa, Martín, Adrián, Pablo, Codesido, Jaime (Álex m.57), Marcos, Tobío (Simón m.53)  e Róber Pladur
  • Coristanco: Herrera, Álex, Adrián, Añón (Jose m.66), Gonzalo, Iván Pena, Jonathan (Alexis m.68), Sergio (Marcos m.22), Pablo, Cristian e Iván
  • Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Marcos, Roberto, Eloy e Codesido da Esteirana; Cristian e Gonzalo do Coristanco
  • Goles: 1-0 m.26 Róber Pladur; 2-0 m.36 Marcos; 2-1 m.44 Gonzalo; 3-1 m.88 Róber Pladur

Cando aparece Pladur é outra historia

Dous goles de Róber Pladur, en accións marca da casa con espazos e potencia, decidiron para unha Esteirana superior, pero que acabou sufrindo eventualmente polo gol antes do intermedio que firmou o Coristanco. Os blaugrana recuperaron a súa mellor imaxe de fútbol combinativo.

Unión Club Cee 0-1 Baíñas

  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Borja, Aitor, Josiño (Álex m.52), Pereira, Leo, Esteban (Xabi m.65) e Dani Picallo (Isma m.33)
  • Baíñas: Joselu, Matías, Carliños, Pablo Rey, Mario, Jorge Calvete, Eloy Cabeza (Cristian m.70), Javi Suárez (Samuel m.80), Pablo Muíños, Alemán e Esteban
  • Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Ismael e Jacobo do Cee; Esteban e Javi Suárez do Baíñas
  • Gol: 0-1 m.76 Jorge Calvete

Un traballo moi profesional

Non namorou a ninguén nin fixo o partido do siglo o Baíñas para sacar tres puntos de San Paio de Refoxos. Pero cumpriu. O cadro vimiancés sacou o que quería dun enfrontamento sen apenas alegrías ofensivas, cun Cee competitivo pero inofensivo en ataque, e cun cadro visitante con máis táboas e unha claridade de ideas que tivo o compremento perfecto na intelixencia de Jorge Calvete na xogada decisiva. O bergantiñán aproveitou un balón morto tras un salto entre Chiru e Pablo Muíño para adiantarse a Ángel Luis e facer o tanto decisivo. Na primeira metade perdoaran Muíño e Suárez, mentres que Leo tivera a dun Cee con ata tres xuvenís na súa lista.

Cerqueda 2-0 Volantes de Baño

Imaxe do Cerqueda-Volantes-Foto-UD
  • Campo: Xaviña
  • Cerqueda: Diego Dourado, Athu, Pazos (Uru m.75), Dani, Jon, Manu (Jonás m.55), Fernandito, Lorenzo, Darío, Eloy (Juanjo m.58) e Martín (Gemelo m.70)
  • Volantes de Baño: Javira, Juan do Sivil, Sergio (Rubén Santos m.81), Mou, Javi, Tiko, Roi, Pardelo, Andel, Piki e Yanky
  • Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Pardelo, do Volantes de Baño /(m.72) do Volantes de Baño. Amonestou a Fernandito, Uru, Manu Guillamet do Cerqueda; Pardelo, Yanky do Volantes
  • Goles: 1-0 m.42 Eloy; 2-0 m.59 Darío

Revés no tour malpicán do Volantes

Puxera sobre aviso ao Cerqueda o antecedente copero do Volantes (cando case que goleara ao Malpica). E parece que xurdiu efecto nos de Emilio Uzal, que non se deixaron sorprender e foron moi superiores ao seu rival. Cunha convocatoria xustiña de efectivos, os muradáns adicáronse a resistir, combinar ben de tres cuartos para diante e buscar a acción aislada de Yanky. Pero o goteiro de ocasións foi para un Cerqueda que só acertou en dúas das que tivo. Antes do descanso, Eloy finiquitaba unha boa acción colectiva por banda esquerda para facer o primeiro. E xa no ecuador do segundo acto, Darío, tras acción de Lorenzo, sentenciaba.

Aquí vemos o gol de Eloy que abría o marcador:

[fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/1010571489006232/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]

Cabana 1-3 Fisterra

  • Campo: As Redondas
  • Cabana: Víctor, David Varela, Grille, Isma, Jose, Álex, Adrián (Christian m.82), Fernando (Samuel m.82), Santi, José Manuel (Diego Varela m.72) e Reigía
  • Fisterra: Ángel, Munitis (Rubia m.86), Manuel Cartamil (Breixo m.79), Roco, Pablo Lestón (Santi m.79), Mané (Adrián m.46), Bruno, Piti, Guardiola (Javi m.84), Roa e Cote
  • Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Álex, do Cabana (m.75). Amonestou a a Diego e Isma do Cabana; Piti e Pablo Lestón do Fisterra
  • Goles: 1-0 m.14 David Varela; 1-1 m.41 Pablo Lestón; 1-2 m.77 Bruno; 1-3 m.78 Roa

O último gol, o último servizo de Bruno

Non houbo pe á sorpresa na visita do Fisterra a Cabana, na que era ademais a despedida de Bruno como futbolista da SD, polo menos esta tempada. O escurridizo atacante marchará fóra do país por asuntos laborais. Sobre As Redondas houbo amago de sorpresa co gol inicial de David Varela, tras un rexeite á frontal do área e un disparo lonxano que acabaría por envenenarse. Non acababa de atopar a fórnula o Fisterra, ata que Pablo Lestón tirou do guante e igualou antes do intermedio cun libre directo maxistral. Xa na reanudación, Bruno, nunha execución de bola parada ao segundo pau, e Roa, coa punteira, decidiron.

Camariñas 1-5  Castriz

  • Campo: Hermanas Patiño
  • Camariñas: Pablo, Paco, Kevin, Moriño, Soule, Yuyo, Brais (Brandon m.53), Pablo, Vieites (Cerbán m.73) e Miguel (Pablo Mouzo m.53)
  • Castriz: Añón (Víctor m.84), Dani Martínez (Sergio m.78), Martín Uruguaio, Alejandro, Diego Maneiro, Martín, Fabián, David Agra (Pastoriza m.66), Bolón, Álex Flores e Darío Capelo
  • Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a David, Brandon, Paco do Camariñas; Dani Martínez, David Agra e Fabián
  • Goles: 0-1 m.9 Álex Flores; 1-1 m.19 Yuyo; 1-2 m.35 Álex Flores; 1-3 m.37 Álex Flores; 1-4 m.47 Kevin, en propia meta; 1-5 m.85 Álex Flores

Festival espectacular de Álex Flores

Non houbo lugar a que houbese partido no Hermanas Patiño, entre un Camariñas algo brando e un Castriz cunha pegada de cine. Son xa 21 tantos os de Álex Flores, que onte asinou catro máis para darlle unha nova victoria a Esteban. Yuyo, que retornaba, non faltou á súa cita co gol.

Carnota 0-0 San Lorenzo

  • Campo: Lombáns
  • Carnota: Oli Bermejo, Tono da Caixa, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Pumuky (Cibrán m.83), Adrián Paris, Bernardo (Alexis m.65), Jose, Miguel e Manuel Luis
  • San Lorenzo: Javi Souto, Isaac (Rubén m.75), Adrián (Kevin m.60), Rudi, Juanjo (Anxo m.70), Álex Taibo, Parafita, Fuentefría (Álex Figueiras m.53), Dani Pena, Luis e Juni
  • Árbitro: López Vila (A Coruña). Amonestou a Tono da Caixa do Carnota; Rubén Varela do San Lorenzo

Como se están tres días xogando

Non era o día para que o San Lorenzo gañase. O sorpresón da xornada na Liga da Costa foi o resultante dunha ecuación entre un Carnota pechado pero organizado, un San Lorenzo con toda a iniciativa e no que case tódolos seus futbolistas desfrutaron dalgunha oportunidade de gol. Incluso pudo ser suprema a sorpresa se as dúas contras locais no segundo acto tiveran atopado o camiño correcto.

Mazaricos 6-2 Ameixenda

  • Campo: Peña do Ouro
  • Mazaricos: Miguel, José Ramón, Matías, David, Ricardo, Chenel, Estéfano, Marcos, Brais (Molinos m.73), Cerbán e David Lado (Ramón m.58)
  • Ameixenda: Maikel, Grille, Samuel, Momaño (Ruso m.56), Álex (Trillo m.77) Jesús, Demetrio, Javichu, Serginho, Borja e David
  • Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a David (m.68) do Ameixenda. Amonestou a ; David e Álex do Ameixenda
  • Goles: 1-0 m.5 Chenel; 2-0 m.30 Estéfano; 2-1 m.33 David; 3-1 m.46 Matías; 4-1 m.57 Estéfano; 4-2 m.62 Jesús; 5-2 m.75 Estéfano; 6-2 m.80 Molinos

Vai moi en serio

Pechou o Mazaricos a súa mellor primeira volta en décadas cunha cómoda victoria sobre o Ameixenda. Dous erros defensivos aproveitados conn intelixencia polos 'fuguillas' Chenel e Estéfano rachou co encontro. Houbo dous intres puntuais nos que dous disparos lonxanos achegaron ao Ameixenda no marcador. A expulsión de David, por protestar, deixaría xa sen opcións aos ceenses.

  Sporting Zas 3-0 Porteño
  • Campo: San Andrés
  • Sporting Zas: Bugy, Martín (Diego Fernández m.64), Josito, Manu (Carlos m.61), Dieguiño, Rubén Forján, Cilindro (Adri m.54), Isma, Dani, Chapela e David Blanco (Elías m.39)
  • Porteño: Martín, Jose, Caamaño, Adrián, Manuel, Iago (Matías m.55), Doyle, Rodrigo (Xoel m.84), Jorge, Cristian e Marcos (Cachi m.64)
  • Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Chapela do Sporting Zas e Iago do Porteño
  • Goles: 1-0 m.41 Rubén Forján; 2-0 m.67 Chapela; 3-0 m.70 Rubén Forján

Un campión con todas as da lei

Menuda lagoa que estaba feita San Andrés. Foto: Wash Calvo

Non foi tan desequilibrado como di o marcador o cruce entre o campión de inverno Sporting Zas e un Porteño que competiu dignamente. Unha acción ben resolta por Rubén Forján, un lanzamento de Chapela e unha 'cantada' a disparo novamente de Rubén Forján decidiron e lle deron o título de inverno aos de Víctor Pazos.

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).