2ª Autonómica: Do 'Zasca' ao Zas, todo un campión



Ponteceso 4-1 Buño
- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais, Collazo, Laik, Charly, Juanma, Yago (Jose m.68), Baba, Mendieta (Márquez m.85), Nando, Dieguito e Eloy (Puente m.77)
- Buño: Toni, Miguel Dourado (David m.76), Fran Borrazás, Dimitri, Eloy, Emilio (Gurita m.58), Antelo (Pablo m.70), Dani Calvete, Víctor, Ricardo e Jorge
- Árbitro: Oreiro Hermida (A Coruña). Expulsou a Richard (m.63) do Buño.
- Goles: 1-0 m.16 Eloy; 2-0 m.21 Yago; 2-1 m.58 Jorge, de penalti; 3-1 m.68 Nando; 4-1 m.75 Jose
A quinta do acné amarga a estrea de Mauro
Non poderían case nin entrar nunha discoteca tres dos catro goleadores na victoria do Ponteceso sobre un Buño no que se estreaba Mauro, exfutbolista do Compostela, á fronte do equipo. Seguen os de Barca a soñar ó grande cun dos plateis máis xoves, aínda que cada vez con máis madurez. A primeira metade foi case que un paseo, refrendado polos tantos dos xuvenís Eloy e Yago. O primeiro, cun bo remate no área tras centro lateral, e no segundo tras unha boa xogada tamén con fútbol aberto. Mudou algo o guión a raiz do tanto de penalti do oleiro Jorge, cun Buño apretando e buscando nivelar. Sen embargo, o capitán Nando, tras encarar só ó porteiro, e Jose, de cabeza, sentenciaron rápidamente o derbi.
Esteirana 3-1 Coristanco
- Campo: José Luis Vara
- Esteirana: Ponte (Roberto m.80), Damián Suizo (Eloy m.65), Rafa, Martín, Adrián, Pablo, Codesido, Jaime (Álex m.57), Marcos, Tobío (Simón m.53) e Róber Pladur
- Coristanco: Herrera, Álex, Adrián, Añón (Jose m.66), Gonzalo, Iván Pena, Jonathan (Alexis m.68), Sergio (Marcos m.22), Pablo, Cristian e Iván
- Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Marcos, Roberto, Eloy e Codesido da Esteirana; Cristian e Gonzalo do Coristanco
- Goles: 1-0 m.26 Róber Pladur; 2-0 m.36 Marcos; 2-1 m.44 Gonzalo; 3-1 m.88 Róber Pladur
Cando aparece Pladur é outra historia
Dous goles de Róber Pladur, en accións marca da casa con espazos e potencia, decidiron para unha Esteirana superior, pero que acabou sufrindo eventualmente polo gol antes do intermedio que firmou o Coristanco. Os blaugrana recuperaron a súa mellor imaxe de fútbol combinativo.
Unión Club Cee 0-1 Baíñas
- Campo: San Paio de Refoxos
- Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Borja, Aitor, Josiño (Álex m.52), Pereira, Leo, Esteban (Xabi m.65) e Dani Picallo (Isma m.33)
- Baíñas: Joselu, Matías, Carliños, Pablo Rey, Mario, Jorge Calvete, Eloy Cabeza (Cristian m.70), Javi Suárez (Samuel m.80), Pablo Muíños, Alemán e Esteban
- Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Amonestou a Ismael e Jacobo do Cee; Esteban e Javi Suárez do Baíñas
- Gol: 0-1 m.76 Jorge Calvete
Un traballo moi profesional
Non namorou a ninguén nin fixo o partido do siglo o Baíñas para sacar tres puntos de San Paio de Refoxos. Pero cumpriu. O cadro vimiancés sacou o que quería dun enfrontamento sen apenas alegrías ofensivas, cun Cee competitivo pero inofensivo en ataque, e cun cadro visitante con máis táboas e unha claridade de ideas que tivo o compremento perfecto na intelixencia de Jorge Calvete na xogada decisiva. O bergantiñán aproveitou un balón morto tras un salto entre Chiru e Pablo Muíño para adiantarse a Ángel Luis e facer o tanto decisivo. Na primeira metade perdoaran Muíño e Suárez, mentres que Leo tivera a dun Cee con ata tres xuvenís na súa lista.
Cerqueda 2-0 Volantes de Baño

- Campo: Xaviña
- Cerqueda: Diego Dourado, Athu, Pazos (Uru m.75), Dani, Jon, Manu (Jonás m.55), Fernandito, Lorenzo, Darío, Eloy (Juanjo m.58) e Martín (Gemelo m.70)
- Volantes de Baño: Javira, Juan do Sivil, Sergio (Rubén Santos m.81), Mou, Javi, Tiko, Roi, Pardelo, Andel, Piki e Yanky
- Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Expulsou a Pardelo, do Volantes de Baño /(m.72) do Volantes de Baño. Amonestou a Fernandito, Uru, Manu Guillamet do Cerqueda; Pardelo, Yanky do Volantes
- Goles: 1-0 m.42 Eloy; 2-0 m.59 Darío
Revés no tour malpicán do Volantes
Puxera sobre aviso ao Cerqueda o antecedente copero do Volantes (cando case que goleara ao Malpica). E parece que xurdiu efecto nos de Emilio Uzal, que non se deixaron sorprender e foron moi superiores ao seu rival. Cunha convocatoria xustiña de efectivos, os muradáns adicáronse a resistir, combinar ben de tres cuartos para diante e buscar a acción aislada de Yanky. Pero o goteiro de ocasións foi para un Cerqueda que só acertou en dúas das que tivo. Antes do descanso, Eloy finiquitaba unha boa acción colectiva por banda esquerda para facer o primeiro. E xa no ecuador do segundo acto, Darío, tras acción de Lorenzo, sentenciaba.
Aquí vemos o gol de Eloy que abría o marcador:
[fbvideo link="https://www.facebook.com/union.cerqueda/videos/1010571489006232/" width="650" height="400" onlyvideo="1"]
Cabana 1-3 Fisterra
- Campo: As Redondas
- Cabana: Víctor, David Varela, Grille, Isma, Jose, Álex, Adrián (Christian m.82), Fernando (Samuel m.82), Santi, José Manuel (Diego Varela m.72) e Reigía
- Fisterra: Ángel, Munitis (Rubia m.86), Manuel Cartamil (Breixo m.79), Roco, Pablo Lestón (Santi m.79), Mané (Adrián m.46), Bruno, Piti, Guardiola (Javi m.84), Roa e Cote
- Árbitro: Cedeira Méndez (A Coruña). Expulsou a Álex, do Cabana (m.75). Amonestou a a Diego e Isma do Cabana; Piti e Pablo Lestón do Fisterra
- Goles: 1-0 m.14 David Varela; 1-1 m.41 Pablo Lestón; 1-2 m.77 Bruno; 1-3 m.78 Roa
O último gol, o último servizo de Bruno
Non houbo pe á sorpresa na visita do Fisterra a Cabana, na que era ademais a despedida de Bruno como futbolista da SD, polo menos esta tempada. O escurridizo atacante marchará fóra do país por asuntos laborais. Sobre As Redondas houbo amago de sorpresa co gol inicial de David Varela, tras un rexeite á frontal do área e un disparo lonxano que acabaría por envenenarse. Non acababa de atopar a fórnula o Fisterra, ata que Pablo Lestón tirou do guante e igualou antes do intermedio cun libre directo maxistral. Xa na reanudación, Bruno, nunha execución de bola parada ao segundo pau, e Roa, coa punteira, decidiron.
Camariñas 1-5 Castriz
- Campo: Hermanas Patiño
- Camariñas: Pablo, Paco, Kevin, Moriño, Soule, Yuyo, Brais (Brandon m.53), Pablo, Vieites (Cerbán m.73) e Miguel (Pablo Mouzo m.53)
- Castriz: Añón (Víctor m.84), Dani Martínez (Sergio m.78), Martín Uruguaio, Alejandro, Diego Maneiro, Martín, Fabián, David Agra (Pastoriza m.66), Bolón, Álex Flores e Darío Capelo
- Árbitro: Vázquez Lema (A Coruña). Amonestou a David, Brandon, Paco do Camariñas; Dani Martínez, David Agra e Fabián
- Goles: 0-1 m.9 Álex Flores; 1-1 m.19 Yuyo; 1-2 m.35 Álex Flores; 1-3 m.37 Álex Flores; 1-4 m.47 Kevin, en propia meta; 1-5 m.85 Álex Flores
Festival espectacular de Álex Flores
Non houbo lugar a que houbese partido no Hermanas Patiño, entre un Camariñas algo brando e un Castriz cunha pegada de cine. Son xa 21 tantos os de Álex Flores, que onte asinou catro máis para darlle unha nova victoria a Esteban. Yuyo, que retornaba, non faltou á súa cita co gol.
Carnota 0-0 San Lorenzo
- Campo: Lombáns
- Carnota: Oli Bermejo, Tono da Caixa, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Pumuky (Cibrán m.83), Adrián Paris, Bernardo (Alexis m.65), Jose, Miguel e Manuel Luis
- San Lorenzo: Javi Souto, Isaac (Rubén m.75), Adrián (Kevin m.60), Rudi, Juanjo (Anxo m.70), Álex Taibo, Parafita, Fuentefría (Álex Figueiras m.53), Dani Pena, Luis e Juni
- Árbitro: López Vila (A Coruña). Amonestou a Tono da Caixa do Carnota; Rubén Varela do San Lorenzo
Como se están tres días xogando
Non era o día para que o San Lorenzo gañase. O sorpresón da xornada na Liga da Costa foi o resultante dunha ecuación entre un Carnota pechado pero organizado, un San Lorenzo con toda a iniciativa e no que case tódolos seus futbolistas desfrutaron dalgunha oportunidade de gol. Incluso pudo ser suprema a sorpresa se as dúas contras locais no segundo acto tiveran atopado o camiño correcto.
Mazaricos 6-2 Ameixenda
- Campo: Peña do Ouro
- Mazaricos: Miguel, José Ramón, Matías, David, Ricardo, Chenel, Estéfano, Marcos, Brais (Molinos m.73), Cerbán e David Lado (Ramón m.58)
- Ameixenda: Maikel, Grille, Samuel, Momaño (Ruso m.56), Álex (Trillo m.77) Jesús, Demetrio, Javichu, Serginho, Borja e David
- Árbitro: Baña Tajes (A Coruña). Expulsou a David (m.68) do Ameixenda. Amonestou a ; David e Álex do Ameixenda
- Goles: 1-0 m.5 Chenel; 2-0 m.30 Estéfano; 2-1 m.33 David; 3-1 m.46 Matías; 4-1 m.57 Estéfano; 4-2 m.62 Jesús; 5-2 m.75 Estéfano; 6-2 m.80 Molinos
Vai moi en serio
Pechou o Mazaricos a súa mellor primeira volta en décadas cunha cómoda victoria sobre o Ameixenda. Dous erros defensivos aproveitados conn intelixencia polos 'fuguillas' Chenel e Estéfano rachou co encontro. Houbo dous intres puntuais nos que dous disparos lonxanos achegaron ao Ameixenda no marcador. A expulsión de David, por protestar, deixaría xa sen opcións aos ceenses.
Sporting Zas 3-0 Porteño- Campo: San Andrés
- Sporting Zas: Bugy, Martín (Diego Fernández m.64), Josito, Manu (Carlos m.61), Dieguiño, Rubén Forján, Cilindro (Adri m.54), Isma, Dani, Chapela e David Blanco (Elías m.39)
- Porteño: Martín, Jose, Caamaño, Adrián, Manuel, Iago (Matías m.55), Doyle, Rodrigo (Xoel m.84), Jorge, Cristian e Marcos (Cachi m.64)
- Árbitro: Sornichero Caicedo (A Coruña). Amonestou a Chapela do Sporting Zas e Iago do Porteño
- Goles: 1-0 m.41 Rubén Forján; 2-0 m.67 Chapela; 3-0 m.70 Rubén Forján
Un campión con todas as da lei

Non foi tan desequilibrado como di o marcador o cruce entre o campión de inverno Sporting Zas e un Porteño que competiu dignamente. Unha acción ben resolta por Rubén Forján, un lanzamento de Chapela e unha 'cantada' a disparo novamente de Rubén Forján decidiron e lle deron o título de inverno aos de Víctor Pazos.
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
- Mercado de Fichaxes: As Altas e Baixas dos equipos do Fútbol da Costa.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).