En marcha a Liga de Fútbol Sala de Cee

Xa está en marcha a Liga de Fútbol Sala Senior de Cee 2010/11, que comezará o vindeiro 25 de outubro. Haberá unha reunión informativa sobre o desenvolvemento da liga o 22 de outubro ás 20.30 horas, no Pavillón Municipal de Cee. A idade mínima para participar nesta liga é de 16 anos, que terán que presentar unha autorización paterna que será entregada á organización, así como o D.N.I.

Inscrición

A inscrición dos equipos se poderá facer xa no Pavillón Municipal de Cee ou ben chamando ó teléfono 645.137.338, antes do 15 de outubro. O abono da inscrición (230€) deberá ser efectuada antes de rematar o prazo da mesma.

Máis información

Novas relacionadas

Fonte

  • Nota de prensa do Concello de Cee.