Fin de semana para esquecer da familia ACB
Pleno de derrotas na familia do ACB nunha fin de semana para olvidar e seguir traballando.
3ª División Sénior Masculino
- Resultado: XERIO - ACB COSTA DA MORTE (63-35)
- ACB: Nefri (2), Diego (5, 1Triple), Jose (3), Tinin (9), Deril (16, 2Triples).
Contundente derrota do sénior ante o segundo mellor equipo da liga. O equipo costeiro so se presentaba na pista da Riazor con cinco xogadores dadas as múltiples baixas do equipo por diversos motivos. Pese as baixas, e a non contar con cambios o equipo céense saíu concentrado e disposto a non entregar o partido facilmente e pese a que a circulación de balón non era excelsa si o foi o acerto o aro e cun bo xogo individual. Así se chegaría ao descanso co partido empatado a 25 e con todo por decidir.
Tras a reanudación todo cambiou, o equipo local fixo patente o seu dominio no poste baixo e cun parcial de 20-2 sentenciou o partido no terceiro cuarto.
Pese a derrota, boas sensacións, o equipo conseguiu competir en todo momento e dar unha boa imaxe.
2ª División Sénior Feminino
- Resultado: MARISTAS - ES BAZARRA COSTA DA MORTE (55-47).
Lástima de terceiro cuarto onde as costeiras perderon todo o gañado ata ese momento no mellor partido de todo o colectivo no que levamos de temporada. Boa circulación de balón co manexo de Fani, rápidos contraataques con Sandra, dominio no poste de Esther e unha Yaiza inspiradísima desde todas as posicións do perímetro (20 puntos) deron lugar ao mellor nivel de baloncesto das sénior.
Aínda así, tras o pésimo terceiro cuarto e a indudabre categoría do rival, perderían o partido nos minutos finais do encontro, levándose o equipo coruñés a merecida vitoria na súa cancha.
2ª División Junior Feminino
- Resultado: CE CUME CEE - CB CULLEREDO (36-72).
Mal partido dos locais do que puideron rescatar o primeiro cuarto no que a garra sempre estivo presente, pero desapareceu a partires do descanso. Destacar o bo partido dos visitantes, lideres da categoría que non deron ningunha opción os censes. Co partido resolto os locais maquillaron o resultado no derradeiro período, anotando neste cuarto mais puntos que en todo o que se levaba de partido.
2ª División Cadete Masculino
- Resultado: CD LOS ROSALES - COSTA DA MORTE (70-37).
Bo medio partido dos rapaces que aguantaron do partido ata un descanso empatado. Tras a reanudacion o equipo coruñés moito mais físico non dou opción e se levou unha cómoda vitoria.
2ª División Infantil Masculino, xornada 10
- Resultado: LICEO LA PAZ - FERROATLANTICA ACB COSTA DA MORTE (58-8).
- ACB COSTA DA MORTE: Lois (2); Fran; Ramiro (2); Miguel; Alvaro (4) – quinteto inicial-, David; Guillermo; Javi.
O equipo infantil sigue colleitando derrotas na súa liga, pagando a súa falta de acerto no tiro, pero pouco a pouco van xogando e mellorando no seu xogo.
2ª División Infantil Feminino
- Resultado: CB CULLEREDO - FERROATLANTICA COSTA DA MORTE (62-35).
Mal partido das pequenas do ACB ante o líder da categoría que non daría opción en ningún momento e se levaría unha fácil vitoria, cortando así a racha das censes de tres partidos consecutivos gañando. Derrota xusta, pero que serve para coller forza para o tramo decisivo da liga con tres partidos onde so vale gañar.
Novas relacionadas
- Basket: As Júnior do ACB celebran un título.
- Basket: As mozas seguen mantendo o nivel do ACB.
- Basket: As mozas ao poder.
- Fin de semana de vitorias, derrotas e desculpas para o baloncesto costeiro.
- Arrincou a tempada para o basket costeiro con boas sensacións.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
- ACB Costa da Morte.