Fisober, Baio e Cee disputaron abriron a I Copa da Costa Feminina
22 de xullo de 2013 (09:41 h.)
Acollía o Platas Reinoso este pasado sábado a primeira xornada da I Copa da Costa Feminina. Con 3 equipos en competición, pode ser este o comezo dunha gran andaina do fútbol feminino na Costa da Morte.
Polo de pronto o Fisober FSB encabeza, a falta dunha xornada. Pero a igualdade é a protagonista, como podemos comprobar nos resultados da 1ª xornada:
- Fisober FSF 1-0 CD Baio, o gol foi anotado por Myrella.
- CD Baio 2-0 UC Cee. Goles de Alba e Ana.
- UC Cee 1-2 Fisober, goles de Andrea para o Cee e Myrella e Noelia para o Fisober FSF.
Clasificación
Nº | EQUIPO | PX | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS |
1 | FISOBER FSF | 2 | 2 | 0 | 0 | 3 | 1 | 6 |
2 | CD BAIO | 2 | 1 | 0 | 1 | 2 | 1 | 3 |
3 | UC CEE | 2 | 0 | 0 | 2 | 1 | 3 | 0 |
2ª Xornada da I Copa da Costa feminina
A 2ª xornada da I Copa da Costa de fútbol 8 femenina disputarase o vindeiro venres 26 de xullo no campo Municipal de San Paio de Refoxos de Cee.
Os horarios da 2ª xornada:
- 17:30 h Fisober FSF vs UC Cee.
- 18:15 h CD Baio vs UC Cee.
- 19:00 h Cd Baio vs Fisober FSF.
Novas relacionadas
- Elas tamén teñen Copa da Costa.
- As infantís do Ponteceso FSF pechan un ano completo.
- O Fisober remata un fantástico ano deixándose unha cousa pendente.
Fonte
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).