mércores. 30.04.2025
El tiempo

O Fisober remata un fantástico ano deixándose unha cousa pendente

O Fisober remata un fantástico ano deixándose unha cousa pendente
As-rapazas-do-Fisober-pecharon-unha-gran-temporada-na-2-Division

O Fisober puxo fin a súa tempada de debut na 2ª División do fútbol sala feminino español cunha meritoria 8ª praza despois dun ano cheo de dificultades que sacou adiante o enorme esforzo do grupo.

Iso si non puideron darlle unha última ledicia os seus siareiros xa que perderon no derbi ante un A Fervenza que se xogaba o descenso. Xogar coma local quizais foi a gran asignatura pendente das da Costa, pois en Vimianzo, ou en Baíñas, só lograron unha vitoria e un empate, cando a tempada anterior na competición Autonómica fóra un fortín cun pleno de 15 de 15 vitorias entre Liga e Copa.

2ª Division Estatal

  • Resultado: FISOBER “CONCELLO DE VIMIANZO” - A FERVENZA (1-3).
  • FISOBER: Eva, Elsa, Ana, Noelia e Myrella ; tamén xogaron : Inés, Nuria, Olalla, Barca, Laura e Paula.
  • Goles: 0-1 Mavi ( descanso ) 1-1 Olalla, 1-2 Ale de Paz, 1-3 Ale de Paz.

O partido comenzou cun A Fervenza lanzado o cal solo lle valía a vitoria e esperar resultados para salvar a categoría. As locais non se atoparon cómodas nestes primeiros minutos ante o forte empuxe visitante. O conxunto visitante chegaba con perigo a porta defendía por Eva aínda que non eran quen de superala. Pero ese forte ritmo imposto polas xogadoras de A Fervenza, foi poñendo no partido as xogadoras da Costa.
Pasaban os minutos e o dominio visitante xa non era tan abrumador como a saída. Ata que os nove minutos unha xogada de tiraliñas de A Fervenza remataba co gol da veterana Mavi para poñer por diante as súas.
Só un minuto despois os colexiados sinalaban unha posible man a Ana que cedía para unha Inés que igualaba o partido, pero o gol era anulado. Unha man que supuxo a quinta falta das locais faltando aínda dez minutos. Iso condicionaba e moito o resto desta primeira metade, as locais xa tiñan no lombo cinco faltas e tres cartóns amarelos.

As visitantes tiraron partida da circunstancia. Cando faltaban oito para o fin desta primeira metade Ale de Paz desaproveitaba un dobre penalti o borde do área. O Fisober pasou os seus peores minutos pero a actuación de Eva, conseguiu que o partido seguise nun pano. As visitantes aínda dispuxeron dun libre indirecto e doutro dobre penalti que Ale de Paz non aproveitou. Coa vitoria mínima visitante chegamos o tempo de lecer.

A saída dos vestiarios xa nada foi igual. O Fisober sen o problema de faltas e moito máis centrado tomou o control do partido. Agora quen facía contragolpes eran as visitantes. Nun deses contragolpes os cinco minutos Ale de Paz mandaba o balón o pau.
Pero ós seis minutos desta segunda metade o balón chegaba en vantaxe para Olalla que cunha excelente vaselina igualaba o partido. Olalla que marcaba o seu primeiro gol en Segunda División, unha xogadora de poucos goles pero sempre de bela factura.

E cando mellor xogaba o Fisober e parecía ter controlado o partido, un balón cruzado que parecía non ter perigo chegou a Ale de Paz que poñía de novo en vantaxe as súas. Un gol que fixo dano as locais que tiveron que asumir máis riscos e buscar a igualada que non chegaba. Unha perda a resta de sete minutos para o fin deixaba de novo en vantaxe a Ale de Paz que non erraba e facía o un a tres que a postre foi definitivo.
O Fisober tomou o dominio definitivo do encontro pero o gol non quixo chegar e os minutos foron pasando lentamente. As locais non eran quen de materializar as súas ocasións e as visitantes xa apenas chegaban máis preocupadas de aguantar o resultado.

Así se chegou o fin co resultado final de un a tres, e as costeiras esperan un ano máis na segunda división estatal.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.gal).
  • Nota de prensa do Fisober da man de Fran Toba.

Comentarios