FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable

Radiante Familia do FSF Vila de Cee-Foto-María

Era unha fin de semana para demostrar que o fútbol sala feminino costeiro está ao primeiro nivel de Galicia. E así o demostraron tanto o Vila de Cee como o Fisober. O Fisober participaba na final a 4 da Copa Autonómica, e malia que non pasaba das semis ao caer ante as campioas, si que pechaba un curso fantástico.

Aínda mellor foi o ano para a familia do FSF Vila de Cee. "Se en setembro nos din esto, non o criamos", recoñece un dos directivos, despois de completar o curso cun doblete copeiro, en masculino e feminino, nunha final organizada na casa e con suspense ata o último segundo. "Se escribimos nós o guión, non sae mellor", recoñecían.

Un título da Liga Provincial e o seu correspondente ascenso, ademais desta Copa provincial para as mozas, e un subcampionato e unha Copa Provincial para os mozos, dan conta dunha temporada inmellorable.

Pero ollo, que pode que si, pois na Autonómica masculina pode que quede unha praza, e se o Cee é invitado a ocupala, a directiva vai ser valente e vai competir o ano que vén en Autonómica. Estaremos atentos.

As Finais de Copa

FSF Vila de Cee Campioas da Copa Provincial-Foto-María

Era un reto esta organización da final das Copas Provinciais para a familia do Cee, que se volcou ao completo para que todo saíse ben. Arrincaron o sábado pola mañá as semis femininas no pavillón de Corcubión, cunhas 120 persoas nas bancadas. O Vila de Cee vencía 1-0 ao 5Coruña durante boa parte do partido, pero era un choque tremendamente axustado e o equipo herculino tivo o empate a tiro ata que faltando só 3 minutos, as ceenses rubricaron o seu pase. O Santiago Futsal Gaiola metíase na final xusto despois tras vencer ao Grupo Work por 3-1.

Mentres en Cee, o Brión eliminaba ao Libertad, e o Vila de Cee daba conta de todo un Parrulo. A primeira foi axustada, co 0-1 para os visitantes, pero a saída tralo descanso de Mario de Jose revolucionou o partido, e os ceenses venceron con comodide. A festa pola tarde estaba asegurada cos dous equipos nas finais.

Tocaba dar de comar a toda a parroquia e o pavillón convertiuse nun salón, con 120 persoas xantando.

250 persoas ateigaban o pavillón pola tarde. Empezaron as mozas, que empezaron caendo 0-1, pero remontaban e se colocaban 2-1. Non ía ser tan sinxelo, o Gaiola empataba a falta de 5 minutos e provocaba a prórroga. Aí, o apoio das bancadas fixo que as locais metesen o 4-2 e celebrasen o título.

Aínda máis incrible sería a cita dos mozos. O partido, e tamén a prórroga, remataba co igualadísimo 1-1. Tocaba a sorte dos penaltis, que desta volta estivo do lado local.

Festa rachada asegurada polos bares da vila.

FSF VIla de Cee Campions da Copa Provincial-Foto-María

Carta da Directiva do Vila de Cee

Unha vez dada por finalizada esta gran tempada deportiva 2015/2016 para o FSF Villa de Cee, dende a directiva sentímonos felices, orgullosos e gratificados, nunha tempada incrible onde fai 10 meses nin o máis optimista soñaba cun final tan espetacular. Por iso sentímonos felices e orgullosos e damos grazas: