FSF: Triplete ceense, con suspense, para pechar un ano inmellorable


Era unha fin de semana para demostrar que o fútbol sala feminino costeiro está ao primeiro nivel de Galicia. E así o demostraron tanto o Vila de Cee como o Fisober. O Fisober participaba na final a 4 da Copa Autonómica, e malia que non pasaba das semis ao caer ante as campioas, si que pechaba un curso fantástico.
Aínda mellor foi o ano para a familia do FSF Vila de Cee. "Se en setembro nos din esto, non o criamos", recoñece un dos directivos, despois de completar o curso cun doblete copeiro, en masculino e feminino, nunha final organizada na casa e con suspense ata o último segundo. "Se escribimos nós o guión, non sae mellor", recoñecían.
Un título da Liga Provincial e o seu correspondente ascenso, ademais desta Copa provincial para as mozas, e un subcampionato e unha Copa Provincial para os mozos, dan conta dunha temporada inmellorable.
Pero ollo, que pode que si, pois na Autonómica masculina pode que quede unha praza, e se o Cee é invitado a ocupala, a directiva vai ser valente e vai competir o ano que vén en Autonómica. Estaremos atentos.
As Finais de Copa

Era un reto esta organización da final das Copas Provinciais para a familia do Cee, que se volcou ao completo para que todo saíse ben. Arrincaron o sábado pola mañá as semis femininas no pavillón de Corcubión, cunhas 120 persoas nas bancadas. O Vila de Cee vencía 1-0 ao 5Coruña durante boa parte do partido, pero era un choque tremendamente axustado e o equipo herculino tivo o empate a tiro ata que faltando só 3 minutos, as ceenses rubricaron o seu pase. O Santiago Futsal Gaiola metíase na final xusto despois tras vencer ao Grupo Work por 3-1.
Mentres en Cee, o Brión eliminaba ao Libertad, e o Vila de Cee daba conta de todo un Parrulo. A primeira foi axustada, co 0-1 para os visitantes, pero a saída tralo descanso de Mario de Jose revolucionou o partido, e os ceenses venceron con comodide. A festa pola tarde estaba asegurada cos dous equipos nas finais.
Tocaba dar de comar a toda a parroquia e o pavillón convertiuse nun salón, con 120 persoas xantando.
250 persoas ateigaban o pavillón pola tarde. Empezaron as mozas, que empezaron caendo 0-1, pero remontaban e se colocaban 2-1. Non ía ser tan sinxelo, o Gaiola empataba a falta de 5 minutos e provocaba a prórroga. Aí, o apoio das bancadas fixo que as locais metesen o 4-2 e celebrasen o título.
Aínda máis incrible sería a cita dos mozos. O partido, e tamén a prórroga, remataba co igualadísimo 1-1. Tocaba a sorte dos penaltis, que desta volta estivo do lado local.
Festa rachada asegurada polos bares da vila.

Carta da Directiva do Vila de Cee
Unha vez dada por finalizada esta gran tempada deportiva 2015/2016 para o FSF Villa de Cee, dende a directiva sentímonos felices, orgullosos e gratificados, nunha tempada incrible onde fai 10 meses nin o máis optimista soñaba cun final tan espetacular. Por iso sentímonos felices e orgullosos e damos grazas:
- Felices, orgullosos e grazas de poder representar xunto con xa 6 clubs a dia de hoxe de futbol sala nesta comarca espectacular, á Costa da Morte, estes títulos forman parte de todos.
- Felices, orgullos e grazas a unha afición espectacular, amigos e voluntarios fieis, que toda a tempada estiveron enchendo o pavillón, animando e apoiando os nosos equipos, incrible os dos nosos socios, 200, nun club que acaba de nacer, vos brindamos estes títulos dos cales sodes grandes merecedores.
- Felices, orgullosos e grazas ao concello de Cee, o apoio foi espectacular, facilidades todas as do mundo e moita axuda, sempre respaldándonos, grazas o alcalde Ramón Vigo, acordámonos cando no agosto pasado a piques de empezar a tempada tivemos a primeira reunion onde lle mostramos o noso proxecto, creu nel dende o primeiro momento e cargounos as pilas a todos a fin de poder levar o nome de FSF Villa de Cee por toda Galicia, grazas á concelleira de deportes Camola Freire, facilidades todas as do mundo e moita axuda, sempre respaldándonos, traballou arreo coma se foxe unha máis da directiva, grazas o técnico de deportes Manolo Calo, fixémolo traballar abondo, al menos un centenar de chamadas e conversas con él, solucionando os problemas día a día.
- Felices, orgullosos e grazas a todas as empresas do noso entorno, especial mencion a Ferrotlantica dende o minuto un, Bazarra, Clínica A Xunqueira, Bar O Xardin, Finisterrae Centro Comercial, Clínica Baldomar, Asesoría Lema, Grupo Insua, Mon Xestión, Clínica Juan Francisco, Óptica Ollo, Bodegón O Montañés. Grazas por todo o voso apoio, grazas a vosoutros seguimos crecendo.
- Felices, orgullosos e grazas a todos os que participamos dende o comenzo do club, ano 2013, sobre estas fechas empezabamos a falar do proxecto un pequeno grupo de amigos e pais, a fin de respaldar aunhas rapazas as cales tiñan ganas de xogar a pelota e non existía futbol sala feminino en cee, por circunstancias, estudos, traballo, saude, etc alguhas e alguns xa non estan no club, pero é de recibo reconocer que sen eles no seu momento non estariamos neste gran momento, acordamonos especialmente de xente coma Jorge Calabanda e Elvira Freire, cales poderiamos decir que foron a semente do club.
- Grazas os clubs veciños polo voso apoio e axuda, atletes de esteiro, carnota lira fsf, fisober, ponteceso fs, a baña fs, viaxes amarelle, colaboración , axuda mutua, ect. grazas en especial a fran pioto, un dos que mais nos animou na nosa creación, e moitisimas grazas a severino amarelle, todo un exemplo onde mirar e aprender no futbol sala feminino gallego, a sua axuda con nos e tan grande que non temos forma de agradecerllo. este titulos forman parte tamen de todos vos.
- Finalmente felices, orgullosos e grazas a todos as xogadoras e xogadores, o seu compromiso, a sua actitude e as suas gañas, son as grandes estrelas do club, nin que dicir da sua colaboración, adestrando as categorias base, apoiandose entre eles e a sua disponibilidade para a directiva en cantos actos e eventos orgañizamos, facendo socios, etc. Grazas a todos por ser tan grandes.
- Directiva FSF Villa de Cee.
- FSF: O Fisober trasládase a Dumbría mentres chegan as finais de Copa:
- O Fisober meteuse no póker autonómico.
- O Fisober quere a Copa.
- Pechando unha liga dispar.
- Cee vibrou ca Festa do Fútbol Sala costeiro.
- O Fisober deixa escapar o ascenso mentres o Vila de Cee prepara a Festa do FS.
- As bravas Vila de Cee, campionas da Liga Provincial no seu terceiro ano de vida.
- Continúa a loita.
- Dous ascensos no forno.
- Con Pioto e a afección polo ascenso.
- Mantendo o pulso na zona alta.
- Derrotas antes do gran derbi.
- Grandes tardes de fútbol sala.
- FSF: Un xaneiro fetén.
- FSF: Vila de Cee e Ponteceso ao mando.
- A Festa do FSF: “Unha doce resaca”.
- Corme vibrou coa I Copa da Costa, a festa do FSF.
- FSF: Campionato de inverno e vitoria épica para rematar o ano:
- Atletes, Fisober, Ponteceso e Vila de Cee pelexarán pola I Copa da Costa FSF.
- FSF: A mozas do Vila de Cee xa celebran o título invernal.
- FSF: As Atletes xa saben gañar.
- FSF: Unha xornada de paella colectiva.
- FSF: O Villa de Cee escapa tralo derbi.
- FSF: Só o Vila de Cee responde e mantén o liderado.
- FSF: Cee disfruta do Fútbol Sala.
- O Vila de Cee aséntase no liderato a costa do Ponteceso FSF.
- FSF: Cee volveu vibrar coa familia do fútbol sala ao completo.
- Líderes costeiras.
- FSF: Os mozos de Cee comezan gañando.
- O FSF xa arrincou ao completo.
- FSF: O Fisober gaña por fin na casa tras dous anos de maldición.
- FSF: O Fisober arrincou na Liga Galega mentres Ponteceso, Atletes, Lira e Vila de Cee póñense a punto.
- A Xente do San Cristobal asume o mando da Liga de FS de Cee.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Fútbol Sala costeiro volve ter equipo masculino.
- A muxiá Eva, campiona da Supercopa de España de FSF.
- Patri fixo de verguda do Fisober na final da Copa Deputación.
- FSF: O Fisober di adeus á categoría estatal a pesar da gran Marea Nejra.
- O Ponteceso FSF pecha unha grandísima temporada co subcampionato da Copa Provincial.
- 74 mozos e mozas participan no I Campus Vila de Cee FSF.
- FSF: O Ponteceso xa é novo equipo da Liga Autonómica.
- Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).
Dende a directiva o noso agradecemento e infinito, traballamos arreo, sen presa pero sen pausa, cometemos moitos erros, discutimos moito, pero vivímolo con pasión e sentímonos todos familia e certo que todos nos apoiamos e nos axudamos, e non entendemos outra forma de facelo, por todo isto pedimos perdón cando nos equivocamos e tratamos de aprender e seguir avanzando, e a verdade e que tempadas coma esta fainos sentirnos tan orgullosos e felices, que todo o traballo e sufrimiento nos momentos complicados, que os temos, quedan no olvido e fainos seguir adiante, darnos forzas e gañas para seguir crecendo toda esta familia FSF Villa de Cee.
O Fisober, sen sorte na Final a 4 da Copa Autonómica

Menos sorte tivo o Fisober que na semifinal da Final a catro da Copa Autonómica Galega caía ante o equipo local Opirata F.S. Moaña por 3-0.
Rematou o sábado a tempada oficial para o Fisober, unha gran tempada na que o equipo superou as expectativas que tiña ó comezo da mesma. Finalista na Copa Deputación, gañador da Copa da Costa, cuarto posto en liga e semifinais da Copa Autonómica son un gran bagaxe para a tempada, para un equipo no que unha boa parte do plantel chegaba dende o filial esta tempada.
Como epílogo a tempada só quedará a primeira experiencia internacional do Fisober nun torneo que se celebra no Algarve en Portugal entre o 17 e 19 Xuño baixo o nome de Taça das Naçons (Women´s Futsal Nations Cup ) con equipos portugueses, ingleses, ucranianos ou xaponeses entre outros e onde destaca o Atlético de Madrid.