Inaugurado o primeiro curso de árbitros da historia do Fútbol da Costa

Presentacion do curso de Arbitros da Costa

Este pasado venres tiña lugar na sede da FGF de Baio a presentación do primeiro curso de árbitros que se realiza na nosa bisbarra.

Unha apertura á que acodiron unha vintena de interesados, e que contou coa presencia de tres dos nosos mellores colexiados: Óscar Martínez Santos, natural de Baio e na actualidade colexiado de Segunda División B; Xabier Rodríguez Campos, profesor de regras de xogo na delegación da Coruña e tamén na escola de adestradores (impartiu varios anos cursos en Baio), e árbitro en activo con máis temporadas consecutivas na Terceira División: e Marcos Ordóñez Rodríguez, natural de Cerqueda (Malpica de Bergantiños) e árbitro en activo con máis temporadas consecutivas na Preferente Galicia.

O O curso comezará formalmente, tal e como estaba previsto, o próximo venres, 28 de abril, e aínda se poden apuntar en costadamorte.arbitros@futgal.es ou no 669 752 395.

Novas relacionadas

Fonte

  • Redacción de QPC (info@quepasanacosta.com).