Liga da Costa: Un súper Zas e un gran Zasca
14 de marzo de 2016 (02:12 h.)
O líder, o San Lorenzo e o Fisterra parecen imparables e cada vez gañan con máis suficiencia; os verdes paseáronse no partidazo de Ponteceso e deixaron aos bergantiñáns lonxe da primeira praza
O Fisterra deulle un bo zasca ao Ponteceso no Pinguel-Foto-Ponteceso
Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com
Buño 2-1 Unión Club Cee
11 do Ponteceso ante o Fisterra
11 do Fisterra no Pinguel-Foto-Ponteceso
Ponteceso e Fisterra no PInguel-Foto-Ponteceso
O barco xa é cruceiro de luxo
Navega a porto de prestixio o barco do Fisterra, como así bautizou hai xa uns meses Adrián á tempada e ao ilusionante obxectvo dunha Liga da Costa de novo na fin do mundo. Noutro compromiso deses 'si ou un novo curso de ui', a resposta foi un tortazo na cara aos incrédulos. O Fisterra pasou por riba do Ponteceso en tódolos sentidos: ambición, intelixencia, intensidade e clarividencia. Tres goles antes do descanso eran a mellor testemuña dun baño incontestable. No primeiro, Adrián anticipaba e remataba sublimemente un saque de curruncho. Na media hora de desputa, un saque de banda atopou a inmensa e constante figura de Cote para prolongar hacia Roco e que o capitán resolvese. E antes de que o auga fría do vestiario lle dera un respiro aos locais, un balón resolto con intelixencia e recursos de dianteiro lle servía a Adrián para facer o terceiro. Non variou un ápice o panorama no segundo tempo, aínda que esta vez o Ponteceso si deu sinais de vida e converteu a Norberto noutro destacado, con dúas intervencións de mérito. Pero o acerto era só visitante, e de novo Adrán, ás costas da defensa, e Roco, tras unha deixada do propio Adrián, pechaban un marcador deses de hermeroteca, unha tarde para evocar en anos vindeiros, nos que de seguir así seguro Ara Solis festexará cousas grandes.
Jesús debutou co Fisterra - Foto: SD FIsterra
Carnota 0-1 Camariñas
Mazaricos-Cabana-Foto-SD
A Grixa sempre responde polo Porteño - Foto: Porteño CF
Baíñas e Porteño na Grixa-Foto-Porteño
Mazazo á euforia porteñista
A inxecciíon de moral que supuxera a mellora das últimas semanas viuse abaxo para o Porteño, tras caer ante un Baíñas que non fixo moito máis que os da Ponte, pero que si amosou unha maior pegada. Os locais foron mellores durante a primeira metade, pero unha mala saída de Martín provocou moi cedo o tanto de Esteban, contrarrestado aos poucos minutos por Mario Toja. Xa no segundo acto, outro erro de cálculo do meta vimiancés do Porteño provocou o tanto decisivo, a pesares das múltiples tentativas locais por acadar o empate.
Sporting Zas 5-1 Cerqueda
A alegría en Zas é xa unha costume - Foto: Alejandro Mel
O Sporting Zas continúa na cabeza - Foto: Alejandro Mel
Non deixou nin unha sombra de dúbida respecto ao devenir do partido un Sporting Zas que mediada a primeira metade xa tiña resolta a visita do Cerqueda. Os malpicáns, co cartel de oso para os grandes, non foron quen de parar o vendaval ofensivo do primeiro acto. David Blanco, asistente para Rubio no primeiro tanto e oportuniusta despois en dúas accións de área, foi o gran protagonista. O carrusel de trocos nos dous conxuntos baixou o ritmo dunha segunda metade relaxada e con alternativas nas porterías. Diego e Sande compretaron para os zascenses e Fernandito para o Cerqueda.
- Campo: Xaviña
- Buño: Toni, David, Fran Borrazás (Gurita m.85), Dimitri, Canedo, Emilio, Juan Antelo (Richard m.23) (Pedro m.80), Dani Calvete, Jordán (Eloy m.70), Víctor e Miguel Dourado
- Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Rubén Fiuza (Llanero m.54), Aitor, Isma Leis (Álex m.58), Josiño, Dani Picallo, Penedo e David (Jorgito m.54)
- Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a David do Buño; Penedo, Jacobo, Josiño e Llanero do Cee
- Goles: 1-0 m.18 Juan Antelo; 2-0 m.29 Emilio; 2-1 m.84 Nico
- Campo: O Pinguel
- Ponteceso: Brais, Regueiro (Eloy m.51), Nando, Laik, Juanma (Collazo m.82), Baba, Alberto Recarey, Mendieta, Iago (Youssef m.72), Martín Puente (Ismail m.70) e Dieguito
- Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Robertín, Julito (Adri m.59) (Abel m.68), Cote (Pablito Lestón m.62), Rodrigo (Manuel Cartamil m.70), Guardiola, Piti, Roco, Mané (Jesús m.55) e Adrián
- Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Dieguito, Nando e Baba do Ponteceso; Mané, Dani Rubia, Rodrigo, Julito, Pablo Lestón do Fisterra
- Goles: 0-1 m.21 Adrián; 0-2 m.32 Roco; 0-3 m.38 Adrián; 0-4 m.65 Adrián; 0-5 m.73 Roco
- Campo: Lombáns
- Carnota: Peipo, Pumuky, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Miguel, Raúl, Oreiro, Adri (Cibrán m.17), Jose e Manuel Luis
- Camariñas: Pablo, Maikol, Rodri, Kevin (Pablo Mouzo m.73), Paco, Moriño, Soule (Adrián m,89), David (Vieites m.65), Yuyo, Vicente e Nico
- Árbitro: Fernández Iglesias (A Coruña). Amonestou a Manolo Chouza, Miguel, Pedro de Pichín do Carnota; Kevin e David do Camariñas
- Gol: 0-1 m.85 Yuyo
- Campo: Peña do Ouro
- Mazaricos: Iván, Miguel Riveiro, Tuco (Marcos m.65), Martín (Ramón m.65), Matías, Ferreiro (Pereiro m.46), Ricardo, Estéfano, David, Chenel e Molinos (Raúl m.62)
- Cabana: Víctor, Grille (Diego Varela m.83), Jose, Isma, Rubén (Christian m.62), Alberto, Álex (Miki m.52), Fernando, Adrián, José Manuel e Reigía
- Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Pereiro, do Mazaricos
- Goles: 0-1 m.18 Álex; 1-1 m.54 Chenel; 2-1 m.73 Ricardo; 3-1 m.84 Matías; 4-1 m.88 Pereiro
- Campo: A Rocheira
- Coristanco: Herrera, Jorge (Mallón m.85), Lagoa, Álex (Sergio m.73), Adrián, Añón (Rubén m.46), Gonzalo, Iván Pena, Pablo, Samuel (Jonathan m.78) e Iván (Javi m.62)
- Castriz: Añón, Iván, Alberto (Bolón m.56), Martín, Alejandro, Martín García, Mata (Elías m.84), Bruno, Fabián (Sergio m.78), David Agra e Álex Flores
- Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Iván, Lagoa, Iván Pena, Rubén do Coristanco; Fabián Alberto, Bruno e David Agra do Castriz
- Goles: 0-1 m.43 Álex Flores; 0-2 m.87 Bolón
- Campo: San Paio de Refoxos
- Ameixenda: Maikel, Jorge (Grille m.73), Trillo (Rafa m.60), Bichiño, Samue (Javichu m.46)l Sergio, Jesús, Álex, Brais, Borja e Demetrio
- San Lorenzo:
- Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Expulsou a Bichiño (m.85) do Ameixenda. Amonestou a Brais, Álex e Grille do Ameixenda; Álex Figueiras, Fuentefría e Isaac do San Lorenzo
- Goles: 0-1 m.2 Álex Figueiras; 0-2 m.38 Luis; 0-3 m.58 Álex Figueiras; 0-4 m.73 Mario
- Campo: José Luis Vara
- Esteirana: Alexandro, Damián Suizo (Eloy m.71), Rafa, Martín (Brais m.75), Álex, Adrián, Pablo (Campos m.63), Codesido Jaime, Simón e Tobío
- Volantes de Baño: Jose, Álvaro, Javi, Fran, Álex Siaba, Roi (Ramonsioño m.71), Ivi (Sergio m.57), Andel, Dani (Mou m.88), Pardelo e Cajulo
- Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Martín e Eloy da Esteirana; Álex Siaba, Andel Álex e Sergio do Volantes
- Gol: 1-0 m.74 Campos
- Campo: Municipal de Vimianzo
- Porteño: Martín, Adrián (Jose m.59), Cachi (Rodri m.77), Pejo, Manuel, Doyle, Cristian, Quilmes, Cousillas (Wii m.57), Mario Toja e Isma (Matías m.69)
- Baíñas: Sergio, Matías, Carliños, Esteban, Jorge Calvete, Jaime, Tasky (Héctor m.85), Alemán, Samuel, Javi Suárez e Dani Casal
- Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Manuel, Pejo, Cachi, Wii e Rodri do Porteño; Alemán, Jorge Cavete, Carliños e Dani Casal do Baíñas
- Goles: 0-1 m.8 Esteban; 1-1 m.14 Mario Toja; 1-2 m.64 Tantán
- Campo: San Andrés
- Sporting Zas: Bugy (Tívoli m.46), Rubén Forján, Josito, Braulio (Martín m.58), Diego Fernández, Dani, Isma (Dieguiño m.46), Manu, Chapela (Sande m.55), Rubio (Cilindro m.55) e David Blanco
- Cerqueda: Diego Dourado, Dani, Jonás, Athu (Sergio m.63), Luis, Fran, Manuel, Eloy (Juanjo m.33), Martín (Xabi m.58), Lorenzo e Fernandito
- Árbitro: Insua Lago (A Coruña).
- Goles: 1-0 m.6 Rubio; 2-0 m.7 David Blanco; 3-0 m.26 David Blanco; 4-0 m.64 Dieguiño; 4-1 m.76 Fernandito; 5-1 m.82 Sande
Máis información
- O cadro da Copa da Costa 2016.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).