mércores. 30.04.2025
El tiempo

Liga da Costa: Un súper Zas e un gran Zasca

Liga da Costa: Un súper Zas e un gran Zasca
O líder, o San Lorenzo e o Fisterra parecen imparables e cada vez gañan con máis suficiencia; os verdes paseáronse no partidazo de Ponteceso e deixaron aos bergantiñáns lonxe da primeira praza Ponteceso-Fisterra-Foto-Ponteceso O Fisterra deulle un bo zasca ao Ponteceso no Pinguel-Foto-Ponteceso Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com Bazarra, a estación de servizo máis eficiente, patrocina a Liga da Costa. Coñécenos en www.bazarra.com   Buño 2-1 Unión Club Cee
  • Campo: Xaviña
  • Buño: Toni, David, Fran Borrazás (Gurita m.85), Dimitri, Canedo, Emilio, Juan Antelo (Richard m.23) (Pedro m.80), Dani Calvete, Jordán (Eloy m.70), Víctor e Miguel Dourado
  • Unión Club Cee: Ángel Luis, Nico, Chiru, Jacobo, Rubén Fiuza (Llanero m.54), Aitor, Isma Leis (Álex m.58), Josiño, Dani Picallo, Penedo e David (Jorgito m.54)
  • Árbitro: Regos Martínez (A Coruña). Amonestou a David do Buño; Penedo, Jacobo, Josiño e Llanero do Cee
  • Goles: 1-0 m.18 Juan Antelo; 2-0 m.29 Emilio; 2-1 m.84 Nico
Esperanza oleira O Buño cre. Como a mellor tradición oleira, segue a moldear unha permanencia que todavía é delicada como o barro, pero que ante o Cee tivo un éxito fundamental, labrado na maior intensidade e acerto de saída. Dous goles antes da primeira media hora, con sendos remates de Antelo e Emilio, puxeron aos bergantiñáns en vantaxe ante un Cee demasiado frío, e que si medrou co paso dos minutos. O tanto de Nico no último suspiro deulle emoción a un choque que ata entón non tivera demasiada historia.   Ponteceso 0-5 Fisterra 11 do Ponteceso ante o Fisterra 11 do Ponteceso ante o Fisterra
  • Campo: O Pinguel
  • Ponteceso: Brais, Regueiro (Eloy m.51), Nando, Laik, Juanma (Collazo m.82), Baba, Alberto Recarey, Mendieta, Iago (Youssef m.72), Martín Puente (Ismail m.70) e Dieguito
11 do Fisterra no Pinguel-Foto-Ponteceso 11 do Fisterra no Pinguel-Foto-Ponteceso
  • Fisterra: Norberto, Dani Rubia, Robertín, Julito (Adri m.59) (Abel m.68), Cote (Pablito Lestón m.62), Rodrigo (Manuel Cartamil m.70), Guardiola, Piti, Roco, Mané (Jesús m.55) e Adrián
  • Árbitro: Larrosa Pérez (A Coruña). Amonestou a Dieguito, Nando e Baba do Ponteceso; Mané, Dani Rubia, Rodrigo, Julito, Pablo Lestón do Fisterra
  • Goles: 0-1 m.21 Adrián; 0-2 m.32 Roco; 0-3 m.38 Adrián; 0-4 m.65 Adrián; 0-5 m.73 Roco
Ponteceso e Fisterra no PInguel-Foto-Ponteceso Ponteceso e Fisterra no PInguel-Foto-Ponteceso O barco xa é cruceiro de luxo Navega a porto de prestixio o barco do Fisterra, como así bautizou hai xa uns meses Adrián á tempada e ao ilusionante obxectvo dunha Liga da Costa de novo na fin do mundo. Noutro compromiso deses 'si ou un novo curso de ui', a resposta foi un tortazo na cara aos incrédulos. O Fisterra pasou por riba do Ponteceso en tódolos sentidos: ambición, intelixencia, intensidade e clarividencia. Tres goles antes do descanso eran a mellor testemuña dun baño incontestable. No primeiro, Adrián anticipaba e remataba sublimemente un saque de curruncho. Na media hora de desputa, un saque de banda atopou a inmensa e constante figura de Cote para prolongar hacia Roco e que o capitán resolvese. E antes de que o auga fría do vestiario lle dera un respiro aos locais, un balón resolto con intelixencia e recursos de dianteiro lle servía a Adrián para facer o terceiro. Non variou un ápice o panorama no segundo tempo, aínda que esta vez o Ponteceso si deu sinais de vida e converteu a Norberto noutro destacado, con dúas intervencións de mérito. Pero o acerto era só visitante, e de novo Adrán, ás costas da defensa, e Roco, tras unha deixada do propio Adrián, pechaban un marcador deses de hermeroteca, unha tarde para evocar en anos vindeiros, nos que de seguir así seguro Ara Solis festexará cousas grandes. Jesús debutou co Fisterra - Foto: SD FIsterra Jesús debutou co Fisterra - Foto: SD FIsterra   Carnota 0-1 Camariñas
  • Campo: Lombáns
  • Carnota: Peipo, Pumuky, Adrián, Manolo Chouza, Pedro de Pichín, Miguel, Raúl, Oreiro, Adri (Cibrán m.17), Jose e Manuel Luis
  • Camariñas: Pablo, Maikol, Rodri, Kevin (Pablo Mouzo m.73), Paco, Moriño, Soule (Adrián m,89), David (Vieites m.65), Yuyo, Vicente e Nico
  • Árbitro: Fernández Iglesias (A Coruña). Amonestou a Manolo Chouza, Miguel, Pedro de Pichín do Carnota; Kevin e David do Camariñas
  • Gol: 0-1 m.85 Yuyo
Un novo paso de xigante, outra vez con Yuyo Unha acción efectiva de Yuyo, máximo realizador da tempada do Camariñas, deulle a vitoria aos azuis, adicada nesta ocasión ao técnico Javier Baña, sancionado con dureza por parte da Federación Gallega de Fútbol. As baixas non impediron que o Carnota prantexase un partido serio e. aínda que non demasiado vistoso, que lle mantivo ata o final con opcións de triunfo. Os da vila do Encaixen están no seu mellor momento do curso.   Mazaricos 4-1 Cabana Cabana-Mz-Foto_Cabana Mazaricos-Cabana-Foto-SD
  • Campo: Peña do Ouro
  • Mazaricos: Iván, Miguel Riveiro, Tuco (Marcos m.65), Martín (Ramón m.65), Matías, Ferreiro (Pereiro m.46), Ricardo, Estéfano, David, Chenel e Molinos (Raúl m.62)
  • Cabana: Víctor, Grille (Diego Varela m.83), Jose, Isma, Rubén (Christian m.62), Alberto, Álex (Miki m.52), Fernando, Adrián, José Manuel e Reigía
  • Árbitro: Maneiro Santos (A Coruña). Amonestou a Pereiro, do Mazaricos
  • Goles: 0-1 m.18 Álex; 1-1 m.54 Chenel; 2-1 m.73 Ricardo; 3-1 m.84 Matías; 4-1 m.88 Pereiro
Remontada dun Mazaricos que tardou en atoparse Unha volea desde a frontal do área, trala prolongación dun saque de banda, deulle ao Cabana unha vantaxe que mantería durante prácticamente unha hora. Non foi quen de ler o partido con acerto un Mazaricos distante da súa versión máis intensa. Curiosamente, a igualada, despois do descanso, chegou nun contragolpe moi ben definido por Chenel. Ricardo e Matías, ambos a balón parado, compretaron unha remontada que Pereiro foi quen de pechar tras un gran control.   Coristanco 0-2 Castriz
  • Campo: A Rocheira
  • Coristanco: Herrera, Jorge (Mallón m.85), Lagoa, Álex (Sergio m.73), Adrián, Añón (Rubén m.46), Gonzalo, Iván Pena, Pablo, Samuel (Jonathan m.78) e Iván (Javi m.62)
  • Castriz: Añón, Iván, Alberto (Bolón m.56), Martín, Alejandro, Martín García, Mata (Elías m.84), Bruno, Fabián (Sergio m.78), David Agra e Álex Flores
  • Árbitro: Gómez Otero (A Coruña). Amonestou a Iván, Lagoa, Iván Pena, Rubén do Coristanco; Fabián Alberto, Bruno e David Agra do Castriz
  • Goles: 0-1 m.43 Álex Flores; 0-2 m.87 Bolón
Mata e unha estrea positiva Cun equipo bastante distinto ao que ten loitado a Liga da Costa ata hai unhas semanas, o Castriz fixo bo o debut do seu terceiro adestrador nesta tempada, Mata. Os combeses marcaron xusto antes do final de cada tempo, primeiro grazas ao oportunismo de Álex Flores, e xa na recta final cun bo disparo de Bolón. O Coristanco, extremadamente irregular todo o curso, estivo algo falto de profundidade.   Ameixenda 0-4 San Lorenzo
  • Campo: San Paio de Refoxos
  • Ameixenda: Maikel, Jorge (Grille m.73), Trillo (Rafa m.60), Bichiño, Samue (Javichu m.46)l Sergio, Jesús, Álex, Brais, Borja e Demetrio
  • San Lorenzo:
  • Árbitro: Pardo Pose (A Coruña). Expulsou a Bichiño (m.85) do Ameixenda. Amonestou a Brais, Álex e Grille do Ameixenda; Álex Figueiras, Fuentefría e Isaac do San Lorenzo
  • Goles: 0-1 m.2 Álex Figueiras; 0-2 m.38 Luis; 0-3 m.58 Álex Figueiras; 0-4 m.73 Mario
Ese martillo pilón O San Lorenzo pasouse por Cee, onde o Ameixenda apelaba á súa habitual competitividade contra os de arriba, pero neste caso os carballeses foron un prato con demasiado picante. Nada máis comezar, unha falta lateral serviulle a Álex Figueiras para poñer unha barreira psicolóxica entre ambos, e antes do descanso, tras unha boa acción de equipo, Luis prácticamente sentenciaba. Houbo dúas chegadas claras dos locais en todo o encontro, grazas ao perfecto control que sobre tódolos aspectos do xogo exercían os visitantes. Álex Figueiras, tras un balón morto, e Mario, nunha execución de balón parado, pecharon a conta.   Esteirana 1-0 Volantes de Baño
  • Campo: José Luis Vara
  • Esteirana: Alexandro, Damián Suizo (Eloy m.71), Rafa, Martín (Brais m.75), Álex, Adrián, Pablo (Campos m.63), Codesido Jaime, Simón e Tobío
  • Volantes de Baño: Jose, Álvaro, Javi, Fran, Álex Siaba, Roi (Ramonsioño m.71), Ivi (Sergio m.57), Andel, Dani (Mou m.88), Pardelo e Cajulo
  • Árbitro: Ramos López (A Coruña). Amonestou a Martín e Eloy da Esteirana; Álex Siaba, Andel Álex e Sergio do Volantes
  • Gol: 1-0 m.74 Campos
Un derbi que deixa tocado ao Volantes Un mazazo a falta dun cuarto de hora, e despois dun derbi moi igualado, deixou ao Volantes un panorama difícil no seu camiño á permanencia. O debut do xoven Álex Siaba, curtido nas mellores canteiras do fútbol de Santiago, elevou o nivel laranxa. A Esteirana, moi rápida, non era capaz de meterlle man a un rival aguerrido e con argumentos, ata a recta final, cando Eloy estivo máis listo que ninguén para selar o tanto do triunfo.   Porteño 1-2 Baíñas A Grixa sempre responde polo Porteño - Foto: Porteño CF A Grixa sempre responde polo Porteño - Foto: Porteño CF
  • Campo: Municipal de Vimianzo
  • Porteño: Martín, Adrián (Jose m.59), Cachi (Rodri m.77), Pejo, Manuel, Doyle, Cristian, Quilmes, Cousillas (Wii m.57), Mario Toja e Isma (Matías m.69)
  • Baíñas: Sergio, Matías, Carliños, Esteban, Jorge Calvete, Jaime, Tasky (Héctor m.85), Alemán, Samuel, Javi Suárez e Dani Casal
  • Árbitro: Sánchez García (A Coruña). Amonestou a Manuel, Pejo, Cachi, Wii e Rodri do Porteño; Alemán, Jorge Cavete, Carliños e Dani Casal do Baíñas
  • Goles: 0-1 m.8 Esteban; 1-1 m.14 Mario Toja; 1-2 m.64 Tantán
Bainas e Porteno na Grixa Baíñas e Porteño na Grixa-Foto-Porteño Mazazo á euforia porteñista A inxecciíon de moral que supuxera a mellora das últimas semanas viuse abaxo para o Porteño, tras caer ante un Baíñas que non fixo moito máis que os da Ponte, pero que si amosou unha maior pegada. Os locais foron mellores durante a primeira metade, pero unha mala saída de Martín provocou moi cedo o tanto de Esteban, contrarrestado aos poucos minutos por Mario Toja. Xa no segundo acto, outro erro de cálculo do meta vimiancés do Porteño provocou o tanto decisivo, a pesares das múltiples tentativas locais por acadar o empate.   Sporting Zas 5-1 Cerqueda A alegría en Zas é xa unha costume - Foto: Alejandro Mel A alegría en Zas é xa unha costume - Foto: Alejandro Mel
  • Campo: San Andrés
  • Sporting Zas: Bugy (Tívoli m.46), Rubén Forján, Josito, Braulio (Martín m.58), Diego Fernández, Dani, Isma (Dieguiño m.46), Manu, Chapela (Sande m.55), Rubio (Cilindro m.55) e David Blanco
  • Cerqueda: Diego Dourado, Dani, Jonás, Athu (Sergio m.63), Luis, Fran, Manuel, Eloy (Juanjo m.33), Martín (Xabi m.58), Lorenzo e Fernandito
  • Árbitro: Insua Lago (A Coruña).
  • Goles: 1-0 m.6 Rubio; 2-0 m.7 David Blanco; 3-0 m.26 David Blanco; 4-0 m.64 Dieguiño; 4-1 m.76 Fernandito; 5-1 m.82 Sande
Un líder sen lugar a dúbidas O Sporting Zas continúa na cabeza - Foto: Alejandro Mel O Sporting Zas continúa na cabeza - Foto: Alejandro Mel Non deixou nin unha sombra de dúbida respecto ao devenir do partido un Sporting Zas que mediada a primeira metade xa tiña resolta a visita do Cerqueda. Os malpicáns, co cartel de oso para os grandes, non foron quen de parar o vendaval ofensivo do primeiro acto. David Blanco, asistente para Rubio no primeiro tanto e oportuniusta despois en dúas accións de área, foi o gran protagonista. O carrusel de trocos nos dous conxuntos baixou o ritmo dunha segunda metade relaxada e con alternativas nas porterías. Diego e Sande compretaron para os zascenses e Fernandito para o Cerqueda.  

Máis información

Fonte

  • Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com).

Comentarios