Ligas FS: En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión
Seguimos repasando a actualidade das Ligas de FS da bisbarra.
Por Corcubión seguen pendentes de saber se a mítica ceense vai ter continuidade. pero os prezos dos seguros están botando para atrás a moitos equipos.
A Liga de Carballo xa vai pola xornada 2, co Pazo do Souto, Cervecería Troula e Boa Estrela como líderes.
Ademais, por Corme a cousa está a piques de comezar. Xa temos a primeira xornada, que arrinca este vindeiro sábado 19. Como o ano pasado, os sábados pola tarde serán de maratón con 8 partidos consecutivos.
De feito, xa temos os calendarios en www.futboldacosta.com, e irémolos actualizando cada fin de semana.
Liga de Santa Comba
Os técnicos municipais fan chamada aos equipos que queiran participar na XXIX Liga de FS xalleira. A cota é de 250€ por equipo ademais dos 35€ por xogador do devandito seguro obrigatorio que está paralizando a liga ceense.
Poden chamar ao 981 103 034 ou 627 968 411.
Máis información
Novas relacionadas
- 17 equipos prepáranse para o comezo da Liga de FS de Corme mentres outros tantos esperan á de Corcubión.
- Xa está en marcha a Liga de FS de Carballo, en breve estará a de Corme mentres periga a de Cee-Corcubión.
- Corcubión organizará este ano a Liga de FS de Cee.