Martes. 07.05.2024
El tiempo

Ligas FS: En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión

Ligas FS: En marcha en Carballo, arrinca a de Corme, chamada en Santa Comba e parálise en Corcubión
Trans Cotelo Trans. Cotelo volverá saír na Liga de Corme

Seguimos repasando a actualidade das Ligas de FS da bisbarra.

Por Corcubión seguen pendentes de saber se a mítica ceense vai ter continuidade. pero os prezos dos seguros están botando para atrás a moitos equipos.

A Liga de Carballo xa vai pola xornada 2, co Pazo do Souto, Cervecería Troula e Boa Estrela como líderes.

Ademais, por Corme a cousa está a piques de comezar. Xa temos a primeira xornada, que arrinca este vindeiro sábado 19. Como o ano pasado, os sábados pola tarde serán de maratón con 8 partidos consecutivos.De feito, xa temos os calendarios en www.futboldacosta.com, e irémolos actualizando cada fin de semana.

liga-fs-santa-comba-2016

Liga de Santa Comba

Os técnicos municipais fan chamada aos equipos que queiran participar na XXIX Liga de FS xalleira. A cota é de 250€ por equipo ademais dos 35€ por xogador do devandito seguro obrigatorio que está paralizando a liga ceense.

Poden chamar ao 981 103 034 ou 627 968 411.

Máis información

Novas relacionadas

Comentarios