Ligas FS: Juguetón e Mamma Mía xogarán a Final da Copa de FS de Santa Comba

El Jugueton meteuse na final da Copa da Liga de FS de Santa Comba copia

Menuda festa a que se vivirá este sábado 13 de maio no Pavillón de Fontenla. Onte disputábanse as semifinais da Copa da XXIX Liga de Fútbol Sala de Santa Comba, e este sábado toca a gran finalísima. Unha final na que estarán El Juguetón e Mamma Mía despois de superar, non sen grandes problemas, á Taberna do Meu Compadre e Vilar de Céltigos, respectivamente.

A primeira semifinail disputada este xoves foi tremendamente bronca. Con 0-0 chegábase ao final dos 40 minutos e fo a sorte dos penaltis a que decidiu que fosen os do Juguetón os que pasen á final.

A outra semifinal enfrontaba ao campión de Liga, o Vilar de Céltigos, co 5º, o Pizzería Mamma Mía. Nun gran partido de Jorge Churián, con dúas asistencias e un traballo en defensa brutal, e unha encomiable actuación do porteiro Herrera, o Mamma Mía superaba ao favorito por 4-3. Os goles do finalista foron de David Gardía (2), César e Diego; superando so goles do Vilar (Cristian (2), e Braulio).

O Pizzería Mamma Mía xogará a final

Así, este sábado, a partir das 19:00h, 3º e 4º posto, final e entrega de premios.

Copa en Corme

Trala disputa das 3 xornadas dos grupos ligueiros da Copa, este sábado chegan os Cuartos da Copa da Liga de Fútbol Sala Corme 2016/2017 A.D. Vila de Pondal. Uns Cuartos que precederán ao gran maratón do vindeiro sábado 20 de maio, cando se disputarán as semis e a final e se fará a entrega de trofeos tanto da Liga como da Copa. Por agora, o favorito é Trans. Cotelo, que xa recibirá o trofeo de Campión de Liga e de equipos máis goleador e menos goleado. Buscará o doblete este sábado, nestes Cuartos:
  • 16:00h: Beres Apligasa – Royal Tym.
  • 16:50h: Bar París – Bar Mádison.
  • 17:40h: Trans. Cotelo – Seaia F.S.
  • 18:30h: Taller Capelán – Os Aldeáns.
 

Novas relacionadas