Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Ligas FS: Juguetón e Mamma Mía xogarán a Final da Copa de FS de Santa Comba

Ligas FS: Juguetón e Mamma Mía xogarán a Final da Copa de FS de Santa Comba
El Jugueton meteuse na final da Copa da Liga de FS de Santa Comba copia El Jugueton meteuse na final da Copa da Liga de FS de Santa Comba copia

Menuda festa a que se vivirá este sábado 13 de maio no Pavillón de Fontenla. Onte disputábanse as semifinais da Copa da XXIX Liga de Fútbol Sala de Santa Comba, e este sábado toca a gran finalísima. Unha final na que estarán El Juguetón e Mamma Mía despois de superar, non sen grandes problemas, á Taberna do Meu Compadre e Vilar de Céltigos, respectivamente.

A primeira semifinail disputada este xoves foi tremendamente bronca. Con 0-0 chegábase ao final dos 40 minutos e fo a sorte dos penaltis a que decidiu que fosen os do Juguetón os que pasen á final.

A outra semifinal enfrontaba ao campión de Liga, o Vilar de Céltigos, co 5º, o Pizzería Mamma Mía. Nun gran partido de Jorge Churián, con dúas asistencias e un traballo en defensa brutal, e unha encomiable actuación do porteiro Herrera, o Mamma Mía superaba ao favorito por 4-3. Os goles do finalista foron de David Gardía (2), César e Diego; superando so goles do Vilar (Cristian (2), e Braulio).

O Pizzería Mamma Mía é un dos candidatos ao título da Liga de Futbol Sala de Santa Comba O Pizzería Mamma Mía xogará a final

Así, este sábado, a partir das 19:00h, 3º e 4º posto, final e entrega de premios.

Copa en Corme

Trala disputa das 3 xornadas dos grupos ligueiros da Copa, este sábado chegan os Cuartos da Copa da Liga de Fútbol Sala Corme 2016/2017 A.D. Vila de Pondal. Uns Cuartos que precederán ao gran maratón do vindeiro sábado 20 de maio, cando se disputarán as semis e a final e se fará a entrega de trofeos tanto da Liga como da Copa. Por agora, o favorito é Trans. Cotelo, que xa recibirá o trofeo de Campión de Liga e de equipos máis goleador e menos goleado. Buscará o doblete este sábado, nestes Cuartos:
  • 16:00h: Beres Apligasa – Royal Tym.
  • 16:50h: Bar París – Bar Mádison.
  • 17:40h: Trans. Cotelo – Seaia F.S.
  • 18:30h: Taller Capelán – Os Aldeáns.
 

Novas relacionadas

Comentarios