Ligas FS: O Mamma Mía, campión da Copa FS de Santa Comba

O Pizzería Mamma Mía, campión da Copa de FS de Santa Comba 2017

Fin de semana este espectacular de FS na Costa da Morte. As Copas de FS de Corme e Santa Comba van chegando ao final. Se por Corme queda unha semana, en Santa Comba, este pasado sábado foi o día da gran final copeira.

Arrincaba a festa do Futbol Sala en Fontenla na tarde sabatina co 3º e 4º posto en xogo, entre o campión de Liga, O Vilar de Céltigos, e a Taberna do Meu Comprade. Finalmente os do Vilar vencían por 5-3 e subiron ao podio.

A gran final estivo protagonizada por El Juguetón e Pizzería Mamma Mía. Foi un choque no que o Mamma Mía levou o peso ante un Juguetón ben armado atrás, sobre todo despois do primeiro gol obra de Dani o Madrileño. Intentaban aguantar e saír á contra, pero o empate a falta de 8 minutos fixo moito dano, e aí se viñeron abaixo, e as embestidas do Mamma Mía deixaron o 4-2 final no marcador.

El Juguetón non puido co Mamma Mia

Copa en Corme

Xa se disputaron Cuartos da Copa da Liga de Fútbol Sala Corme 2016/2017 A.D. Vila de Pondal. Uns Cuartos que precederán ao gran maratón do vindeiro sábado 20 de maio, cando se disputarán as semis e a final e se fará a entrega de trofeos tanto da Liga como da Copa.

Cuartos:

  • Beres Apligasa – Royal Tym (6-2).
  • Bar París – Bar Mádison (4-2).
  • Trans. Cotelo – Seaia F.S. (6-2)
  • Taller Capelán – Os Aldeáns (1-0).

Semifinais e final (sábado 20 de maio):

  • 16:00h: Beres Apligasa - T. Cotelo.
  • 17:00h: Bar Paris - T. Capelán.
  • 18:50: Final.
 

Novas relacionadas