Mércores. 08.05.2024
El tiempo

Ligas FS: O Mamma Mía, campión da Copa FS de Santa Comba

Ligas FS: O Mamma Mía, campión da Copa FS de Santa Comba
O Pizzería Mamma Mía é un dos candidatos ao título da Liga de Futbol Sala de Santa Comba O Pizzería Mamma Mía, campión da Copa de FS de Santa Comba 2017

Fin de semana este espectacular de FS na Costa da Morte. As Copas de FS de Corme e Santa Comba van chegando ao final. Se por Corme queda unha semana, en Santa Comba, este pasado sábado foi o día da gran final copeira.

Arrincaba a festa do Futbol Sala en Fontenla na tarde sabatina co 3º e 4º posto en xogo, entre o campión de Liga, O Vilar de Céltigos, e a Taberna do Meu Comprade. Finalmente os do Vilar vencían por 5-3 e subiron ao podio.

A gran final estivo protagonizada por El Juguetón e Pizzería Mamma Mía. Foi un choque no que o Mamma Mía levou o peso ante un Juguetón ben armado atrás, sobre todo despois do primeiro gol obra de Dani o Madrileño. Intentaban aguantar e saír á contra, pero o empate a falta de 8 minutos fixo moito dano, e aí se viñeron abaixo, e as embestidas do Mamma Mía deixaron o 4-2 final no marcador.

El Jugueton non puido co Mamma Mia El Juguetón non puido co Mamma Mia

Copa en Corme

Xa se disputaron Cuartos da Copa da Liga de Fútbol Sala Corme 2016/2017 A.D. Vila de Pondal. Uns Cuartos que precederán ao gran maratón do vindeiro sábado 20 de maio, cando se disputarán as semis e a final e se fará a entrega de trofeos tanto da Liga como da Copa.

Cuartos:

  • Beres Apligasa – Royal Tym (6-2).
  • Bar París – Bar Mádison (4-2).
  • Trans. Cotelo – Seaia F.S. (6-2)
  • Taller Capelán – Os Aldeáns (1-0).

Semifinais e final (sábado 20 de maio):

  • 16:00h: Beres Apligasa - T. Cotelo.
  • 17:00h: Bar Paris - T. Capelán.
  • 18:50: Final.
 

Novas relacionadas

Comentarios