Liguilla: Medio traballo feito
06 de xuño de 2016 (01:00 h.)
Acabada a primeira volta da liguilla de ascenso, o Zas ten moi encarrilado o éxito, tras vencer ata con comodidade a un Belvís inferior
O Belvís apenas inquedou - Foto: Wash Calvo
Belvís - Zas (0-2)
Vero Boquete fixo o saque de honra - Foto: Wash Calvo
O Sporting Zas que todos querían ver apareceu nas Cancelas para dar un paso de xigante cara o ascenso a Primeira Autonómica. O cadro de Víctor Pazos aprendeu da lección do seu debut na liguilla e quixo marcar territorio desde un inicio arrollador, no que chegou un torrente de ocasións que ben puderon deixar o encontro abaneando. Rubio e Cilindro a tiveron, e ata un defensa local sacou un balón baixo paus. Só na estratexia deron algún sustiño os santiagueses, pero sen maiores problemas. Foi antes do descanso cando Chapela, tras unha asistencia de Rubén Forján, impregnou o marcador desa manifesta superioridade. Non contemporizarían na reanudación os sportinguistas, que só sufriron o agardado arreón local nun periodo de dez minutos. Resultou ser o prólogo da sentencia do pichichi David Blanco, nunha acción marca da casa. A anécdota foi o saque inicial a cargo da internacional española Verónica Boquete. Unha vitoria máis deixaría ao Zas máis preto de onde merece.
- Campo: Cancelas
- Belvís: Antón, Brais, Carlos, Borja, Pablo César, Dani (Juanjo m.79), Alejandro (Marcos m.73), Juan (Toni m.79), Rubén, Gerardo e Álex
- Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Braulio, Josito, Diego Fernández (Dieguiño m.55), Cilindro (David Blanco m.55), Isma, Manu Rubio, Dani Mato e Chapela (Sande m.70)
- Árbitro: Hernández Giadáns (Santiago). Amonestou a Pablo e Gerardo do Belvís; Diego Fernández, David Blanco e Chapela do Sporting Zas
- Goles: 0-1 m.42 Chapela; 0-2 m.87 David Blanco
A Gala do Fútbol da Costa
O Congreso de Adestradores
- Un congreso en Carballo para profesionalizar o Fútbol galego.
- O máis selecto do fútbol estatal, en Carballo.
Novas relacionadas
- Crónica do ascenso á Preferente do Sofán: 1ª Autonómica: Pelotas de aceiro e de Preferente.
- Crónica da Permanencia do Xallas: Preferente: Querido Santa Claus….
- Adrián Makaay, segundo máximo goleador da historia do Fútbol da Costa.
- O Fútbol Base foi protagonista en Cabana, Outes, Cee e Santa Comba.
- Basti e Makaay, Insua e Bugy, pichichis e Zamoras das Ligas da Costa.
- 4 equipos seguen pendentes dos arrastres.
- 3ª Autonómica: Os penaltis devolven ao Corcubión á Liga da Costa.
- Copa da Costa Xuvenil: O Xallas, gran campión.
- Artigo de Guillermo Parga do título do Fisterra: Vanse poñer de punta ata os pelos dos Rapacollóns.
- Artigo de Guillermo Parga do ascenso do Soneira: Nunca agardei menos de ti.
- Noé e Geiko, os premios Zamora e Pichichi da 3ª da Costa.
- Rikísimo ascenso do Montelouro.
- O Laxe é novo equipo da 2ª Autonómica!.
Máis información
- Os cadros da Copa da Costa 2016 e das Fases de Ascenso en www.copadacosta.com.
- As táboas de resultados e clasificacións en www.futboldacosta.com. Piquen dende o seu teléfono e pulsen “Engadir a pantalla de inicio”, para ter sempre os resultados no peto.
- A actualidade no Facebook “Fútbol da Costa”.
Fonte
- Guillermo Parga (guillermoparga@quepasanacosta.com)