Martes. 15.10.2024
El tiempo

Liguilla: Medio traballo feito

Liguilla: Medio traballo feito
Acabada a primeira volta da liguilla de ascenso, o Zas ten moi encarrilado o éxito, tras vencer ata con comodidade a un Belvís inferior O Belvís apenas inquedou - Foto: Wash Calvo O Belvís apenas inquedou - Foto: Wash Calvo Belvís - Zas (0-2)
  • Campo: Cancelas
  • Belvís: Antón, Brais, Carlos, Borja, Pablo César, Dani (Juanjo m.79), Alejandro (Marcos m.73), Juan (Toni m.79), Rubén, Gerardo e Álex
  • Sporting Zas: Bugy, Rubén Forján, Braulio, Josito, Diego Fernández (Dieguiño m.55), Cilindro (David Blanco m.55), Isma, Manu Rubio, Dani Mato e Chapela (Sande m.70)
  • Árbitro: Hernández Giadáns (Santiago). Amonestou a Pablo e Gerardo do Belvís; Diego Fernández, David Blanco e Chapela do Sporting Zas
  • Goles: 0-1 m.42 Chapela; 0-2 m.87 David Blanco
Vero Boquete fixo o saque de honra - Foto: Wash Calvo Vero Boquete fixo o saque de honra - Foto: Wash Calvo O Sporting Zas que todos querían ver apareceu nas Cancelas para dar un paso de xigante cara o ascenso a Primeira Autonómica. O cadro de Víctor Pazos aprendeu da lección do seu debut na liguilla e quixo marcar territorio desde un inicio arrollador, no que chegou un torrente de ocasións que ben puderon deixar o encontro abaneando. Rubio e Cilindro a tiveron, e ata un defensa local sacou un balón baixo paus. Só na estratexia deron algún sustiño os santiagueses, pero sen maiores problemas. Foi antes do descanso cando Chapela, tras unha asistencia de Rubén Forján, impregnou o marcador desa manifesta superioridade. Non contemporizarían na reanudación os sportinguistas, que só sufriron o agardado arreón local nun periodo de dez minutos. Resultou ser o prólogo da sentencia do pichichi David Blanco, nunha acción marca da casa. A anécdota foi o saque inicial a cargo da internacional española Verónica Boquete. Unha vitoria máis deixaría ao Zas máis preto de onde merece.  

A Gala do Fútbol da Costa

O Congreso de Adestradores

Novas relacionadas

Máis información

Fonte

Comentarios