Onte tivo lugar a presentación da proba na que participaron representantes municipais e organizadores
Un total de 214 persoas participan na proba de BTT que disputa mañá polas terras de Malpica. Precisamente onte tivo lugar o acto de presentación desta cita no que participou o alcalde - Eduardo Parga -; o primeiro tenente de alcalde - Miguel Fernández -; o concelleiro de Deportes - Iago Espasandín -; o presidente do Sporting Seaia - Alejandro Chouciño - organizador da proba, e o promotor do evento e deseñador do percorrido - Roberto Faya -.
A saída é ás 10 horas dende a lonxa e a entrega de premios realizarase ás 14 horas no mesmo lugar. Os trofeos son unha réplica do faro de Nariga realizados pola xoiería Díaz Antelo.