xoves. 01.05.2025
El tiempo

Máis 200 persoas participan na II BTT de Malpica

Máis 200 persoas participan na II BTT de Malpica
btt-malpica-presentacion Onte tivo lugar a presentación da proba na que participaron representantes municipais e organizadores Un total de 214 persoas participan na proba de BTT que disputa mañá polas terras de Malpica. Precisamente onte tivo lugar o acto de presentación desta cita no que participou o alcalde - Eduardo Parga -; o primeiro tenente de alcalde - Miguel Fernández -; o concelleiro de Deportes - Iago Espasandín -; o presidente do Sporting Seaia - Alejandro Chouciño - organizador da proba, e o promotor do evento e deseñador do percorrido - Roberto Faya -. A saída é ás 10 horas dende a lonxa e a entrega de premios realizarase ás 14 horas no mesmo lugar. Os trofeos son unha réplica do faro de Nariga realizados pola xoiería Díaz Antelo. Máis información Novas relacionadas Fonte
  • Redacción QPC (info@quepasanacosta.com)
  • Concello de Malpica

Comentarios