Máis de 250 ciclistas invadirán Bergantiños no 20 aniversario do Trofeo Ciclista Concello de Carballo
Se por Dumbría temos cita coas Mini BTT, por Carballo colleremos esta fin de semana a bici de carreiras para participar no Trofeo Ciclista Concello de Carballo, que congregará a máis de 250 participantes o sábado 24 de maio polas rúas e estradas do municipio. Unha cita organizada polo Club Ciclista Carballo-Placasa, e o Concello.
Unha das novidades é que desta volta colabora, ademais de Federación Galega, a Federación Española de Ciclismo no caso da categoría júnior, polo que o trofeo sae das fronteiras galegas, tendo confirmada xa a presencia dun club leonés.
A proba conta co mesmo percorrido que en anos anteriores, con saída, meta e zona de quecemento na Gran Vía á altura do Mercado Municipal e co incio da proba coa categoría de femias a partir das 15.00 horas. Ás 19:00h, será tempo dos máis peques, nunha das citas máis esperadas dos veciños.
Novas relacionadas
- As bicis de montaña de peques e maiores volven invadir os montes de Dumbría.
- Dumbría, único concello costeiro no Circuito Provincial BTT.
- O Desafío do Atlántico tamén se espalla por Pontevedra.
- 130 ciclistas disfrutaron da beleza das nosas estradas no II Trofeo Luso-Galaico.
- Dumbría subiuse á bici de montaña.